“Non entendo que unhas instalacións como as termas do Muiño da Veiga e a Chavasqueira de Abaixo, carezan de mantemento de limpeza, precisamente cando máis afluencia de público rexistran, e ademais, cando boa parte dos seus usuarios son visitantes que proceden doutras cidades e vilas de Galicia que se achegan a Ourense a disfrutar destas instalacións termais gratuitas”, sinalou Enrique Nóvoa, Poly, voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular.
Segundo Novoa, ó PP constanlle numerosas denuncias dos veciños que se persoaron na oficina que ten o Grupo Popular no Concello de Ourense. Asegura Enrique Novoa que, pese a por os feitos en coñecemento de quen corresponde, os feitos ignóranse nunha actitude "incongruente" e "incomprensible" dos responsabeis municipais. "É tan incongruente como sería que nos concellos da costa deixaran de limpar as praias en agosto”, valora o feito o voceiro do Paartido Popular
Enrique Novoa lémbralle o goberno municipal que no pasado pleno foi aprobado o Plano Estratéxico de Termalismo por unanimidade de toda a Corporación e decir, co voto a favor do Partido Popular. Nestas, suliña Poly Novoa "non se pode falar de futuro e de grandes proxectos termais, sen atender o que xa está feito. O rexurdimento do termalismo da nosa cidade naceu, precisamente, nas termas da marxe dereita do Miño. De momento é o que hai, que por certo foi feito polo goberno do PP, e pouca credibilidade poden ter as declaracións a prol do futuro do termalismo se non se atenden debidamente as instalacións que agora temos”. |