A Asociación para a Defensa Ecolóxia de Galicia, ADEGA, vincula a presenza e os interese demostrado polo alcalde de Xinzo de Limia, o popular Isáac Vila Rodríguez, en rebatila implantación dunha zona ZEPA na comarca de A Limia, cos intereses empresariais que o rexedor municipal ten no só aquí, senón tamén noutras zonas de toda a comunidade galega. ADEGA chega a denunciar que "sería imposíbel declarar unha zona ZEPA en ningunha comarca galega con vocación agrícola, onde non estivese o domicilio social dalgunha empresa nas que teña inereseses" Isáac Vila.
Segundo a asociación ecolóxista, trátase sempre de empresas relacionadas coa fabricación de cereais, plantas, sustancias fertiizantes, praguicidas, animais vivos, así como a fabricación, comercialización, tratamento e distribución de toda clase de produtos derivados ou destinados a agricultura e a gandeiría.
"As sociedades espállanse por todo o país galego", sinala ADEGA, que dí ter localizadas algunhas delas en Vilagarcía de Arousa (Sociedad Agrícola Gallega, S.L.), no Polígono Industrial de Piadela en Betanzos (Fabricaciones Agrícolas y Fertilizantes, S.A.), en Ames (Piensos Nanfor, S.A.), ademáis de "a xa clásica e coñecida pola que foi condeado a 6 anos de inhabiitación", Droguería Agrícola S.A., cunha cifra de vendas en 2005 de 2,3 millóns de euros.
Precisamente ADEGA manexa tamén a este respecto cifras de facturación das empresas participadas ou das que Vila Rodríguez é titular, e repara no feito de que a empresa adicada a pesticidas e herbicidas Agrícola Limiana, S.L. radicada en Xinzo, pasou a facturar casi 250.000 euros en 2006 frente aos 213.000 que facturou en 2004.
Segundo ADEGA, Vila Rodríguez participa nestas sociedades "en calidade de conselleiro delegado, administrador ou ostentando algún cargo directivo", si ben, ademáis, chama a atención da organización ecoloxista o feito de que "moitas sociedades teñen un carácter familiar mercantil, xa que tamén participa, entre outra parentela, o seu fillo, Carlos Vila Enríquez".
Cemento e ladrillo
Para ADEGA, os intereses empresarias e mercantiles do rexedor municipal de Xinzo estaría vencellados coa súa enérxica negativa a implantación dá Zona de Especial Protección de Aves na Limia, como pretende Medio Rural. Ao que a organización ecoloxista engade que o mesmo pasaría si a declaración se levara a cabo en calqueira outra zona de Galicia, xa que tal e implantación dos negocios de Vila Rodríguez.
A organización ecoloxista engade ademáis a súa denuncia, froito das súas pescudas, a vertente inmobiliaria dos negocios de Vila Rodríguez, e sinala que no concello canario de La Oliva existen dúas sociedades inmobilizarias (Palmcoast, S.L. e Labra, S.A.) nas que participa tamén Vila Rodríguez en calidade de administrador. Curiosamente, sinala ADEGA, os colectivos en defensa da natureza de Canarias teñen denunciado que o territorio das illas atópase en perigo pola ameaza que supón o urbanismo depredador desta zona.
Xa en Ourense, segundo ADEGA Vila Rodríguez participa en dúas sociedades, Galgit, S.L., con sede na Rúa do Paseo, e CASUPI, S.L., con sede social na Rúa Valle Inclán da capital ourensá. |
 |