A parlamentaria do PSdeG-PSOE e portavoz de Medio Ambiente, Laura Seara Sobrado, e o responsable de organización, Miguel Fidalgo Areda, esixen ao Partido Popular "unha rectificación inmediata sobre todas as mentiras que verteu sobre a declaración de zona ZEPA na Limia, e que pida perdón a todos os agricultores pola alarma social que provocaron".
O ministerio de Agricultura informou onte de que investirá máis de 27 millóns de euros no regadío da comarca da Limia e comprometeuse a aprobar axudas destinadas á modernización das explotacións. Para Seara este anuncio "é a mellor proba de que todo o que dixeron os dirixentes do Partido Popular sobre a ZEPA é mentira. Neste anuncio do ministerio atópase a proba de que o PP mentía cando dixo que a ZEPA afectaría ao regadío".
Seara asegura que "todo o que os populares dixeron sobre a ZEPA é mentira. É vengoñento que cargos públicos se adiquen a crear problemas onde non os hai para conseguir beneficios persoais e un puñado de votos. Eso é o que fixo o instigador de todas as manifestacións e de todas as mentiras, o señor alcalde de Xinzo e senador, Isaac Vila, co único fin de mellorar os seus beneficios como accionista de varias empresas de fitosanitarios e de facer méritos ante Feijóo, Baltar e compañía para repetir como senado nas próximas xerais".
"Como da boca dos populares solo saíron e seguen a saír mentiras esiximos unha rectificación inmediata e que, Feijóo, Baltar e Vila, pidan desculpas publicamente por enganar a todos os veciños e veciñas da Limia, en especial a agricultores e gandeiros", engadiu a parlamentaria socialista.
Solidaridade
O secretario de organización do Partido Socialista, Fidalgo Areda, expresou a solidaridade de todos os membros do partido cos compañeiros de Xinzo de Limia, "que están a sufrir ataques persoais por parte de membros do PP", sinalou Fidalgo Areda..
Fidalgo denuncia que "o único responsable e autor intelectual das inxurias e mentiras sobre a ZEPA e das manifestacións é o presidente provincial do PP e presidente da Deputación, Xosé Luis Baltar", xa que, segundo Fidalgo Areda, " Baltar recoñeceu que a Xunta de Fraga non declarou a ZEPA na Limia porque estaba preto a celebración das eleccións municipais e que lle restaría votos. Eles mesmos se deixan en evidencia". |