Batería de respostas dos socialistas a postura do BNG á ZEPA de A Limia expresada este xoves pola parlamentaria Tereixa Paz: se lamenta que o BNG "se comporte pola mañá como membro do Goberno galego, e pola tarde exerza de oposición ao Goberno levando a pancarta".
O Partido Socialista interpreta a postura do BNG coma unha clara mostra de non ter criterio de partido claro, e estar sometido as presións do Sindicato Labrego Galego.
 
 
O PSOE acusa ao BNG de non ter criterio de partido claro sobor da ZEPA de A Limia  
19 de OUTUBRO de 2007: OURENSE DIXITAL

O PSdeG-PSOE califica de "incoherentes" ás declaracións feitas pola deputada do BNG, Tereixa Paz, sobre a declaración de Zona de Especial Protección de Aves na Limia. O reponsable de organización dos socialistas ourensáns, Miguel Fidalgo Areda, lamenta que Tereixa Paz "se comporte pola mañá como membro do Goberno galego, e pola tarde exerza de oposición ao Goberno levando a pancarta".

Segundo Fidalgo "os nacionalistas están cometendo unha torpeza sin precedentes, alentando a campaña de desinformación sobre a declaración da zona ZEPA que está a facer o Partido Popular". Así entende que é a sesación que se desprende da parlamentaria nacionalista ante os medios de comunicación este pasado xoves.
Os socialsitas insisten en que se está a cumprir unha sentencia do Tribunal de Xustiza europeo co único fin de protexer as aves, "o que en ningún caso suporá restricción no traballo que desempeñan os agricultores da comarca nin nas medidas de modernización que a Xunta implantará na comarca", sinala Fidalgo Areda, que engade que " tampouco conlevará ningunha restricción de carácter urbanístico". O secretario de Organización do PSdeG-PSOE na provincia de Ourense asegura, concluínte, que "a ZEPA non afectará á construcción máis alá das normas que estrablezan os concellos da comarca gobernados polo PP".

Pola súa banda, a portavoz de Medio Ambiente no Parlamento de Galicia, Laura Seara Sobrado, asegura que "a proposición non de lei presentada conxuntamente polo Partido Socialista e polo Bloque Nacionalista Galego, recolle as accións que a consellería de Medio Ambiente de Desenvolvemento Sostible, puxo en práctica para cumprir a sentenza europea que obligaba ao anterior Goberno do Partido Popular a declarar A Limia zona ZEPA".
Ao igual que o seu compañeiro de partida, Seara Sobrado critica a actuación do BNG "ao querer actuar como Goberno e oposición ao mesmo tempo. O BNG quixo facer súa unha proposición non de lei presentada polos dous grupos parlamentarios".

O Partido Socialista de Ourense dí que "lamenta profundamente que o BNG en lugar de difundir as verdades sobre a actuación do Goberno galego na delcaración da zona ZEPA, esté a dar propaganda ás mentiras do PP". Segundo o PSdeG-PSOE de Ourense, "o BNG está demostrando non ter un criterio de partido claro, estase a someter ás presións do Sindicato Labrego Galego".

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital