"Nada do que está a dicir o Partido Popular sobre a ZEPA é verdade. É mentira que non se vaia poder cultivar, que se vaian expropiar terras e, é mentira que se vaia cambiar o uso do solo", aseguraron en Ourense a portavoz de Medio Ambiente no Parlamento de Galicia, Laura Seara, e a portavoz de Agricultura, Marisol Soneira. A comparecencia de ambas producíuse nun intento de "desmontar todas as mentiras vertidas polo Partido Popular sobre a declaración dunha zona ZEPA na comarca da Limia".
Laura Seara asegura que "a declaración da zona ZEPA é unha obriga establecida pola Unión Europea para protexer 181 especies en perigo de extinción en toda Europa", e recorda que "existe unha sentencia do 28 de xuño pasado, pola que se obriga a España (singularmente a seis Comunidades, incluída Galicia) a establecer zonas ZEPA". Senón se cumpre esta sentencia, "España e Galicia perderían a posibilidade de recibir importantes axudas, e veríase obrigada a pargar unha multa millonaria", sinala Laura Seara..
Ademais, segundo Seara Sobrado "a Lei de Conservación da Natureza establece diferentes categorías de Espacios Naturais Protexidos e nesa relación non aparece a ZEPA". "Aparecen as zonas de Especial Protección dos Valores Naturais, non ás zonas ZEPA. No 2004 o Partido Popular declarou, por decreto, todos os espacios de Red Natura, incluídas as zonas ZEPA, zonas de Especial Protección de Valores Naturais e ninguén protestou. Tampouco houbo protestas cando concellos como os de Rairiz de Veiga e Vilar de Santos foron declaradas reserva da biosfera", sinalou a paralamentaria socialista de Medio Ambiente.
Laura Seara insiste en que "a Unión Europea non obriga a declarar zonas ZEPA Espacios Naturais Protexidos polo que non estará afectada polas limitacións que si contempla a Lei para os Espacios Naturais Protexidos". Eso quere decir, a xuizo da paralamentaria do PSOE, que "todas as alegacions feitas contra a ZEPA están equivocadas". Segundo Laura Seara "gricultores e gandeiros poden estar tranquilos xa que o solo da Limia seguirá sendo solo rústico, neste caso agropecuario".
Lembrou a socialista que en España están declaradas 170 zonas ZEPA, o que supón o 17% do territorio mentres en Galicia tan só hai 14 zonas ZEPA que son o 2% do territorio. En Castela León, Comunidade gobernada polo Partido Popular e que ten unha economía baseada na actividade agrogandeira, conta con 70 ZEPA's (1.998.535 hectáreas).
Pola súa banda, Marisol Soneira pediu aos agricultores "que defendan os seus intereses e que non se deixen levar polo fume que vende o Partido Popular que a todas as inciativas que presenta o Partido Socialista e que suporán melloras na calidade de vida dos cidadáns dín que NON".
"O Partido Popular-insiste Soneira- é o ‘partido do NON'. Recordemos que no 83 dicían que os socialistas quitarían as vacas aos gandeiros e que logo fixeron macrotractoradas contra o establecemento da cota láctea medida que agora defenden a capa e espada".
Na plataforma creada polo Partido Popualr en contra da ZEPA, segundo Laura Seara, "xa non queda nadie, porque agricultores e gandeiros da Limia déronse conta de que o principal instigador desta plataforma é o alcalde de Xinzo quen é accionista de varias empresas adicadas á comercialización de productos fitosanitarios".
|