OForo, que asegura ter a certeza de que o que se pretende instalar en Carballeda de Avia é unha planta na que tratar os residuos de todo o Sur de Galicia, dí que non pretende que o problema se leve a outra parte do país, pero se opón ao sistema de tratamento centralizado dos residuos. Sostén que hai outros métodos.
"Pedimos con carácter inmediato, un posicionamento claro e oficial dos grupos políticos municipais de todos os concellos da comarca", dí o Foro, que asegura que o proxectado Parque de Carballeda "cambiará para sempre a faciana do Ribeiro" si se leva a cabo como está diseñado hoxe en día.
 
 
Manifesto do Foro Social Temos Dereiro a Saber  
10 de SEPTIEMBRE de 2007: OURENSE DIXITAL

1º._ A día de hoxe, e coa documentación oficial existente sobre o proxecto, o Foro ten a certeza de que o que se pretende instalar é un centro de tratamento de residuos de todo tipo xerados na franxa sur de Galicia, a saber, ao redor de dous millóns e medio de toneladas anuais (529 camións de residuos ao día) de:

RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS, ACEITES VEXETAIS E MINERAIS, APARELLOS ELÉCTRICOS E ELECTRÓNICOS, DISOLVENTES, METAIS E CAMPOSTOS METÁLICOS, NEUMÁTICOS FORA DE USO, PAPEL E CARTÓN, PÁSTICOS, TÓNER E CARTUCHOS DE TINTA DE IMPRESIÓN, ÁCIDOS E BASES, PLANTA DE LODOS.

(Sabemos que tipo de refugallos se van tratar no parque de Carballeda polos documentos oficiais existentes: información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, o convenio asinado co Concello de Carballeda e o estudo de viabilidade do parque).

NINGÚN DOS REPONSABLES POLÍTICOS COS QUE FALAMOS OU ASISTIRON Á NOSA XUNTANZA DO DÍA 21 DE ABRIL DESMENTIU POR ESCRITO E DE XEITO OFICIAL ESTE OBSECTIVO. NOS NON PODEMOS FACER ACTOS DE FE ANTE UN ASUNTO DESTA TRASCENDENCIA.

 

2º._ Fronte a este proxecto, a posición do FORO é a seguinte:

Os cidadáns que integramos o FORO somos conscientes do grave problema que supoñen os refugallos e o seu tratamento.

O FORO NON SE OPÓN ao tratamento e/ou reciclaxe dos refugallos nin pretende que o problema se leve a outro lugar do noso país.

Consideramos que existen outras alternativas para o seu tratametno. Básicamente, a á marxe das tecnoloxías empregadas, pódese optar entre un modelo centralizado onde todas as empresas dedicadas ao tratamento dos refugallos se concentran nun só lugar (tipo SOGAMA), ou un modelo de plantas de ámbito comarcal que permita acercar o tratametno dos refugallos á súa orixe. En definitiva, un modelo descentralizado, alternativa ésta última defendida polos grupos ecoloxistas.

O FORO SÍ SE OPÓN:

- Á centralización no tratamento e reciclaxe dos refugallos que supón o parque de Carballeda na súa formulación actual.

- A que, se ao final a centralización é o modelo elixido pola xunta para os refugallos do noso país, isto se faga no lugar actualmene previsto. Non estamos de acordo con que a planta se instale en Carballeda de Avia polos problemas medioambientais e de saúde pública que se poderían causar. Non esquezamos a perigosa cercanía do emprazamento previsto a núcleos de poboación importantes (ata 10 núcleos no contorno dos mil metros de distancia ás ainstalacións). Así mesmo, entendemos que supón un ataque frontal á riqueza paisaxística, cultural, turístico-termal, enolóxica e empresarial da nosa comarca. Non estamos nunha zona deprimida na que non haxa máis alternativas empresariais.

POLO TANTO, MANIFESTAMOS A NOSA OPOSICIÓN FRONTAL Á ACTUAL PROPOSTA DE INSTALACIÓN DO MACROCOMPLEXO DE TRATAMENTO DE REFUGALLOS URBANOS E INDUSTRIAIS E LODOS DE TODO O SUR DE GALICIA EN CARBALLEDA DE AVIA.

3º._ Pedimos con carácter inmediato, un posicionamento claro e oficial dos grupos políticos municipais de todos os concellos da comarca, xa que un tema desta trascendencia, que de seguro cambiará para sempre a faciana do Ribeiro, non pode minimizarse nin aprazarse á espera do devir da súa tramitación administrativa.

4º._ Este FORO acepta expresamente a invitación da Consellería de Vivenda e Solo para participar, xunto coa Consellería de Medio Ambiente, no debate sobre o Proxecto Sectorial do Parque de Carballeda de Avia. Este proxecto sectorial está destinado a concretar todo o relativo ao Parque. O noso propósito é iniciar as conversas para valorar a conveniencia da súa instalación ou non, contando con que temos argumentos suficientes para evitar a súa construción, segundo hoxe se contempla. Non debemos esquecer que esta instalación debe facerse no marca da planificación global de aprobación do plan de tratametno de residuos de Galicia, sen que se acepte por este FORO unha concentración de empresas dedicadas ao tratamento de residuos como a que se pretende no proxecto actual.

PEDIMOS ÁS CONSELLERÍAS IMPLICADAS UN COMPROMISO POR ESCRITO DE PARALIZACIÓN DA TRAMITACIÓN ADMINISTRATIVA DO PARQUE NA SÚA CONCEPCIÓN ACTUAL ATA QUE SE PRODUZA ESTE DEBATE.

5º._ Este documento convertirase no noso manifesto para que, a través da súa sinatura e adhesión, os veciños, colectivos do Ribeiro e demáis pesoas poidan solidarizarse con el.

Volver atras Imprimir Página
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital