Home  
 
 
 
 
  O Diario Oficial de Galiza publica este luns a Orde que regula a concesión de axudas para a prevención e defensa contra os incendios forestais nos montes veciñais en man común de Galiza. Dotada cun total de 2.857.143 euros, a convocatoria establece tres liñas subvencionables para este este ano: a realización de rozas manuais selectivas, a xestión da biomasa nos montes, así como nas vías e camiños forestais e, por último, a construción de puntos de auga. O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o vindeiro catro de abril de 2008
 
 
A Xunta destina máis de 2,8 millóns de euros ás axudas para previr os incendios forestais nos montes veciñais
4 de MARZO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

superficie mínima por expediente, no caso da realización de rozas manuais selectivas, será de 500 hectáreas, e de 200 se o ámbito de actuación está dentro dunha zona de especial protección dos valores naturais. En canto ás outras dúas liñas, os solicitantes deberán posuír alomenos 250 hectáreas, ou 100 se se trata dunha zona protexida.
Poderán optar a estas axudas os titulares de montes veciñais en man común de Galiza, que supoñen a terceira parte da superficie forestal global, así como as súas agrupacións e mancomunidades, sempre que non se trate de montes consorciados coa administración. Para sumar as superficies mínimas que deben reunir os solicitantes, as comunidades poderán agruparse entre si, coa condición de que sexan lindeiras ou de que pertenzan a un mesmo distrito forestal, e sempre que estean dentro da mesma provincia.

Mediante esta orde, "a Consellería do Medio Rural pretende incentivar economicamente as comunidades de montes para implicalas na loita contra os incendios forestais e na valorización integral dos montes galegos". Os traballos subvencionables deberán realizarse en coordinación co Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios, dependente da Dirección Xeral de Montes. No caso das rozas manuais selectivas, procurarase crear zonas de descontinuidade en materia de combustible vexetal no monte, de xeito que se reduza o risco de propagación de calquera lume forestal. En canto á xestión da biomasa, a orde contempla a realización de rozas mecanizadas en devasas, así como de faixas auxiliares, nos dous metros que rodean as vías ou camiños forestais. E, respecto aos puntos de auga, deberán situarse en zonas estratéxicas para a defensa de núcleos de poboación e das masas forestais, sendo totalmente accesibles aos medios do Servicio de Prevención e Extinción de Incendios Forestais. Deberán, así mesmo, contar con dispositivos que permitan a carga aos vehículos motobomba, cun peche perimetral de seguridade e cunha zona arredor libre de vexetación de, polo menos, 15 metros. Ademais, o beneficiario deberá manter operativas estas infraestruturas para a prevención e loita contra os incendios durante un período de 20 anos

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital