Home  
 
 
 
 
  O Tribunal Superior de Xusticia de Galicia (TSXG) ven de ditar unha sentencia pola que rexeita o recurso interposto por Medio Rural contra a sentencia inicial do xulgado do social de Lugo que, mediante demanda da Asesoría Xurídica de CC.OO., lle recoñecera a un traballador fixo descontinuo do Servicio Publico de Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF) o dereito a incorporarse ao seu posto de traballo dende o día 5 de febreiro de 2007 data de inicio da tempada de traballo.
 
Noticias Relacionadas
  Medio Rural terá que pagarlle aos fixos-discontinuos dos incendios que deixou nas súas casas
 

Outra sentencia xudicial fará que 12 brigadistas de extinción de incendios cobren sen traballar

 
O TSXG ratifica unha sentencia que obriga a Medio Rural a pagar a un traballador que "castigou" sen traballar en febreiro do 2007  
3 de MARZO de 2008: OURENSE DIXITAL

Medio Rural ven de perder o recurso presentado a unha sentencia que xa lle daba a razón a un traballador fixo-discontinuo das brigadas do lume da Xunta de Galicia e ao sindicato Comisións Obreriras nos seus plantexamentos. Agora, o Alto Tribunal confirma a condena á Consellería de Medio Rural á recoñecerlle ao traballador afectado tódolos seus dereitos laborais (salarios incluídos) por non ser contratado ao mesmo tempo que os restantes compañeiros fixo descontinuos por “flagrante discriminación”, segundo di o propio tribunal.

"Esta sentencia confirma definitivamente e con total claridade as reiteradas afirmacións e denuncias públicas de CC.OO. polas que o sindicato xa advertira de que Medio Rural discriminaba gravemente a máis dun cento de traballadores fixo descontinuos do Servicio", sinala Comisións Obreriras. Ao inicio da tempada de 2007, o cinco de febreiro concretamente, estes traballadores foron “castigados” por non adherirse ao acordo de eficacia limitada asinado por medio rural con CIG e UXT, impedíndolles incorporarse aos seus postos de traballo ao mesmo tempo que os restantes traballadores do colectivo que si se adheriran.
Agora esta nova sentencia podería abrir un proceso de reafirmación da cadea de fallos xudiciais xa emitidos a favor dos traballadores e en contra da Consellería de Medio Rural

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital