Home  
 
 
 
 
Os servicios mínimos impostos pola Consellería de Medio Rural aos traballadores do Servicio de Extinción de Incendios Forestais cando as folgas de xullo, agosto e setembro de 2006, foron abusivos por excesivos. Así o establece o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que precisa que "os servicios minimos non poderán exceder do número de traballadores que normalmente presten servicios con ocasión de un domingo ou dia festivo".
 
 
 
O TSXG certifica que os servicios mínimos impostos por Medio Rural nas folgas dos traballadores do lume foron abusivos
7 de FEBREIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

A Sala do Contenciosos Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ven a darlle a razón a Comisións Obreiras no recurso interposto pola sua Asesoría Xurídica, polo que se impugnaba a Orde de servicios mínimos dictada e imposta por Medio Rural para as folgas dos brigadistas do 25 de xullo, 15 de agosto e 15 de setembro de 2006 e publicada no DOG do 20-7-2006.
CC.OO. explica que o TSXG coa sentencia rexeita os argumentos esgrimidos na sua defensa por Medio Rural e "recoñece e garante o dereito fundamental constitucional ao exercicio de folga do persoal do Servicio Publico de Defensa Contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia", ao tempo que "establece que os servicios minimos non poderán exceder do número de traballadores que normalmente presten servicios con ocasión de un domingo ou dia festivo".

CC.OO. "lamenta que teñan que ser os tribunais os que, unha vez máis, poñan a Medio Rural no seu sitio e, especialmente desta vez, na que o TSXG con esta sentencia nos ven a recordar a todos que estamos nun estado de dereito e que os dereitos fundamentales recollidos na Constitución son para respetar escrupulosamente e non para pasalos polo arco de triunfo caprichosamente". 
O sindicato di celebrar este pronunciamento do alto tribunal galego, e reitera o seu enésimo chamamento a Medio Rural de que "se aveña á legalidade, á cordura e ao diálogo, e que, en vez de enredar a situación, facilite a rápida resolución do conflicto laboral do Persoal Laboral do SPDCIF de forma negociada".

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital