CCOO y CSI-CSIF denuncian "a grave desorganización que sofre o Servizo Público de Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF)", o que entenden que é "consecuencia da irresponsable falla de planificación e de previsión dos dirixentes da Consellería do Medio Rural". Para CC.OO e CSIF , os responsabeis de Medio Rural "se moven erráticamente a golpe de parte meteorolóxico e sen unha política definida en relación á defensa contra incendios forestais, tal como demostran as tres prórrogas -efectuadas in extremis- da continuidade da contratación do persoal fixo descontinuo (algunha delas realizada o mesmo día en que previamente xa se lle anunciara o cese, cando incluso os vehículos postos á súa disposición xa estaban dados de baixa e tendo que informarse, os representantes dos traballadores, a posteriori e por canles non oficiais)", suliñan os mencionados sindicatos.
"Esta grave imprevisión está provocando que moitas brigadas da Xunta de Galicia teñan que operar sen o persoal necesario e imprescindible para afrontar a tarefa de extinción coas debidas garantías de eficacia e seguridade", denuncian CC.OO. e CSIF, que chegan a afirmar que nalgún caso "chegouse a encomendar a extinción de algúns incendios a cuadrillas conformadas unicamente por un ou dous traballadores, o cal, aparte da lóxica inoperatividade e ineficacia, provoca graves riscos para a seguridade dos traballadores que participan na extinción".
Agravando a situación, as tarefas de extinción afróntanse, en algúns casos, con ausencia de Técnicos, Axentes Forestais e incluso sen Xefes de Cuadrilla , refiren ambos sindicatos, co que, a criterio de CC.OO. e CSIF aumenta o tempo de control e de remate dos incendios, así como o número de hectáreas arrasadas, os danos materiais ocasionados, xunto co aumento do risco na propia seguridade dos traballadores implicados nesas tarefas de extinción "feitas en precario e desorganizadamente".
Desde CSI-CSIF e CCOO se consdiera que, "ademais de facer anuncios mediáticos da suspensión de queimas, a Consellería de Medio Rural, debería cumprir e facer cumprir a lei vixente en relación á autorización de queimas de restos forestais en zonas de alto risco e en Espazos Naturais Protexidos" . Segundo Comisións Obrerias e CSIF, "na actualidade, en moitos deles, estanse autorizando sen os correspondentes informes técnicos e sen as necesarias resolucións das Delegacións Provinciais , tal e como obriga a Lei de Incendios e o Decreto 105/2006 , provocando un incremento innecesario do risco en zonas conflitivas ou protexidas".
CCOO e CSI-CSIF , ante estas situacións, "pregúntanse onde está a tan cacareada política de prevención cando, tal e como demostran as últimas decisións dos responsables da Consellería de Medio Rural , a continuidade na contratación do persoal fixo descontinuo foi vinculada unicamente ás necesidades en materia de extinción". Os sindicatso din que chegan a sospeitar que "tal vez o sr. Suárez Canal e os seus colaboradores están máis implicados e ocupados na xestión da empresa SEAGA S.A. - da cal el é o Presidente- que na procura da mellora efectiva da organización e dirección do SPDCIF ou máis preocupados por disfrazar os datos relativos ás hectáreas reais queimadas que por minoralas".
"De feito, na nova linguaxe eufemística de Medio Rural, sustituiuse o termo “ incendio ” polo de ” incidencia ”", sinalan en tono irónico CC.OO. e CSIF |
| |
Ás novas denuncias de CC.OO. e CSIF non estaría demáis engadir o cambio de estratexia operado polos de Suárez Canal. Ata o de agora non se informaba, ardía, ardeu, menos que outros anos, dacordo, pero informouse moitísmo menos. É decir, foi coma se non ardera. Prácticamente nada.
Agora infórmase, cóntase, dise, a súa maneira -coma sempre- pero dise. É decir, quérese que se saiba.
Non poide pasar desapercibido que, ademáis de xogar cos traballadores do lume, o conselleiro de Medio Rural conculcou un dereito, o dereito á información, a saber e a que se saiba.
Él non é quén para arrogarse a potestade de silencialos feitos polo suposto ben dos montes galegos. E o fixo. Agora quén queira crelo que o crea, e que lle baile os seus partes de incidencias. |
|