Xosé Rodríguez Cid, primeiro pola dereita

 
  Aínda que hai un decreto que fai unha excepción cos casos de festas coma as de San Xoan ou os mesmos magostos, o delegado de Medio Rural en Ourense suliña que "a lei establece claramente que non se puso usar o lume nos montes nin en terreos forestais".
Rodríguez Cid ratifica a necesidade de obter permiso dos concellos para prender lume en terreos forestais, ainda que sexa para os tradicionais magostos.
 
 
O delegado de Medio Rural ratifica que compre permiso para prender unha fogata no monte  
8 de NOVIEMBRE de 2007: OURENSE DIXITAL

"Hai que procurar facelos magostos onde non sexa terreno forestai", dice o delegado de Medio Rural en Ourense, Xosé Rodríguez Cid, quen matiza que a disposicón da Consellería ao respecto dos preceptivos permisos ou autorizacións para prender fogatas no monte non ten ánimo restrictivo nin coercitivo. Rodríguez suliña que son as condicións meteorolóxicas as que determinan a situación, ademáis de que "a lei establece claramente que, como medida preventiva, non se pode usar o lume nos montes nin en terreos forestais". Ainda que engade: "tamén é certo que hai un decreto que establece que se exceptua de facer fogatas en terros forestais aqueles casos nos que, por tradición, haxa unhas festas especiáis como son os casos de San Xoán e como son os magostos".

Con todo, o delegado de Medio Rural en Ourense, nun tono en todo momento conciliador, ratificou a necesidade de obter o correspondente permiso ou autorización si a fogata se vai a prender en terreos forestais. "Efectivamente -sinalou Rodríguez Cid-, nos terreos forestais hai que pedir permiso ao concello, e o concello establecerá unha serie de precaucións como que esté cerca unha motobomba ou un tractor con unha cisterna con auga".
Segundo o delegado, para os efectivos do lume da Xunta de Galicia, é de vital importancia diferenciar nestas datas os lumes dos magostos do dos incendios forestais propiamente ditos.

Volver atras Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital