CSIF e CCOO piden a mediación do Valedor do Pobo no conflicto laboral dos Traballadores do Servicio de Extinción de Incendios Forestais, xenerado polo feito de que a Consellería de Medio Rural non lles recoñeza os mesmos dereitos que aos demáis traballadores da Xunta de Galicia. Os dosus sindicatos expóñenlle o Valedor do Pobo que, despois de case dous anos de conflictividade, "aínda non se chegou a día de hoxe a unha proposta consensuada de acordo de condicións de traballo para o persoal laboral do Servicio de Público de Defensa Contra Incendios Forestais"..
CSIF e CCOO danlle conta ao Valedor de que a Consellería de Medio Rural intentou impoñer un acordo de eficacia limitada, asinado só por CIG-UGT, que posteriormente foi anulado en tódolos seus termos por unha Sentencia do TSXG de data 6 de marzo de 2007. No escrito que leva data do 19 deste mes, tamén sinalan que, "a pesar da ilegalidade do acordo de eficacia limitada, a Consellería de Medio Rural, en vez de abrir un novo proceso de negociación, como sería lóxico, limitouse a continuar cunha política de acoso e persecución contra as organizacións sindicais, non asinantes do acordo", o que derivou, entre outras accións, nunha aplicación discriminatoria e de incumprimento co persoal fixo-discontinuo, tanto no momento do chamamento inicial, como agora no seu "despedimento anticipado", o que supón un novo incumprimento de compromisos orzamentarios que lles garantían como mínimo 9 meses de contrato efectivo, no ano 2007, a tódolos fixos-discontinuos.
Por este escrito, os sindicatos en cuestión piden ao Valedor do Pobo que interveña neste conflicto laboral na súa función mediadora, "para que se acade unha solución negociada o conflicto que afecta os traballadores fixos, fixos-discontinuos e contratados temporais do SPDCIF".
|