O conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, presentou o balance provisional da campaña contra incendios deste ano, cunha comparativa coa década anterior –excluíndo a excepcionalidade do 2006 para que fosen datos realistas- na que destacou o labor de prevención, de maior profesionalización do dispositivo, de vixilancia e de colaboración social, entre outros factores, ademais das condicións meteorolóxicas do inicio do verán.
Suárez Canal
fai especial referencia a que a pluviometría tamén foi un factor a ter en conta, aínda que a relación entre precipitacións e superficie queimada comparada cos datos dos tres anos nos que máis choveu na última década,–1999, 2001 cando se produciron enchentes e 2003- a superficie ardida en 2007 supón 1/4 nesta campaña con respecto a eses rexistros.
O titular da Consellería de Medio Rural destaca que nesta campaña se produciron 1.689 lumes que afectaron a unha superficie de 2.859 hectáreas , o que supón unha redución dun 90,48% sobre a media de 1997 a 2005, que estaba situada en 30.000 has. Suárez Canal destacou que estes datos resultan “esperanzadores e nos motivan a seguir traballando porque a sociedade galega non se resigna a aceptar unha media anual de 10.000 incendios, cunha superficie afectada que se sitúa cada ano entre 30.000 e 40.000 hectáreas ”.
|