"A actitude de Medio Rural con respecto ao personal mobilizado por Comisións Obreiras pasou desde o desprezo e ninguneo iniciais ás acusacions veladas de sermos os causantes dos lumes e ata pouco menos que de terroristas", dí a organización Comisións Obreiras a raíz das últimas acusacións que Medio Rural lle fai ao sindicato. Argumentos que a organización de Emilio Doforno e Benxamín Vences califican de "embustes e manipulacións". Especialmente, sinala CC.OO., no tocante a que a organización sindical estaría empregando persoas que non pertenecen ao servicio para inflar e "facer vulto" nas manifestacións que se veñen produciendo estes últimos xoves en Santiago, ante a Dirección Xeral de Medio Rural. Para Comisións Obreiras a afirmación e "unha clara falta de respecto ás demandas dos profesionais, unha banalización do que foi unha masiva participación, xa que por cuarta semana consecutiva participaron unhas 300 persoas".
Ao mesmo tempo, Comisións Obreiras responde a unha afirmación que se fixo desde o gabinete de Suárez Canal "no sentido de que estamos utilizando o lume como elemento de chantaxe, e que a noso actitude constituiría unha ameaza para os cidadáns", lembra a organización sindical.
Pois neste caso, CC.OO. precisa que "pola propia experiencia dos brigadistas, a verdadeira ameaza para os cidadás é que os profesionais que se ocupan da extinción dos incendios non estén traballando en condicións laborais reguladas e con materias e medios máis axeitados". E lembralle a Medio Rural a organización sindical que "os lumes non se apagan desde os despachos, senón en primeira liña de fogo".
"Oxalá a Consellería gastase tantos esforzos intentando dialogar con boa fe", remata lamentando a organización sindical. |