|
|
|
A mobilización deste xoves fai a número catro das concentracións coas que os traballadores do lume da Xunta de Galicia protestan a actitude de Medio Rural.
Outra vez ante a Delegación Xeral de Montes, os traballadores están convocados este xoves, día 7 de xuño, as 10 da mañá. |
 |
| |
| |
|
|
| Os traballadores do lume volven a protestar este xoves en Santiago |
 |
| 06 de XUÑO de 2007: OURENSE DIXITAL |
 |
|
|
|
Os traballadores de Extinción dos Incendios Forestais da Xunta de Galicia volven este xoves a protestar ante a Delegación Xeral de Montes da Consellería de Medio Rural, a
|
 |
|
|
situación "inmovilista" da administración galega no seu caso.
Dazasete meses levan os traballadores do Servicio de Extinción dos Incendios Forestais nunha situación "inmovilista" e "regresiva" da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. A mobilización, coma as tres anteriores que se levan convocado os tres xoves anteriores, ten o respaldo do sindicato Comisións Obreiras.
Benxamín Vences Veiga, do referido sindicato en Ourense, suliña que o colectivo laboral precisa "profesionalización e normalización", frente aos intentos de Medio Rural por privatizar "encubertamente" ao servizo a través de empresas coma SEAGASA.
Segundo Benxamín Vences, "a Consellería sigue a practicar unha actitude inmovilista e autista ante a situación destes traballadores".
Así mesmo, lembrar que Comisións Obreriras acusa a Medio Rural de intentar responsabilizar ao sindicato da sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anula o acordo firmado para estes traballadores coa administración autonómica polos sindicatos UGT e CIG, ao tempo que lamenta que estas actuacións e a mobilización deste xoves sigue a estar únicamente por Comisións Obreiras, pese aos intentos que asegura CC.OO. por acadar a unidade sindical e de actuación neste conflicto. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
|