|
|
|
Os traballadores do Servicio de Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia volverán a manifestarse este xoves ante a Dirección Xeral de Montes, en Santiago de Compostela. Trátase da segunda movilización dunha nova rolda delas, que empezou o xoves da semana pasada neste mesmo escenario.
A cita é para as dez da mañá. |
 |
| |
| |
|
|
| Os traballadores do lume volven a concentrarse este xoves en Santiago |
 |
| 30 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL |
 |
|
|
|
O sindicato Comisións Obreriras, que apoia esta movilización que resulta da asamblea que os traballadores celebraron en Silleda a tales efectos, lembra que "levan mais de 17 meses
|
 |
|
|
de negociación sen que se acadase ata o de agora unha resposta positiva por parte dos responsables da Consellería do Medio Rural", así como que o que os traballadores piden son "demandas lexítimas de que se lle garanta os seus dereitos laborais máis básicos".
Traballadores e central sindical siguen manifestando a súa oposición a "privatización encuberta" que pretende a Consellería de Medio Rural a través da empresa SEAGASA, o que Comisións Obreiras denomina "chiringuito" do departamento do conselleiro Suárez Canal.
Ao mesmo tempo, CC.OO. e os traballadores siguen abogando pola incorporación de outras centrais sindicais ás movilizacións e aos plantexamentos dos traballadores do lume , o que na asamblea de Silleda se denominou "unidade de acción sindical conxunta". |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
|