Irresponsabilidade, incapacidade e incompetencia. De eso acusa á Medio Rural da Xunta de Galicia o sindicato Comisións Obreiras.
Co conflicto laboral que a Xunta manten cos traballadores do lume sin resolver e en plenas eleccións, o sindicato convoca unha asamblea en Silleda da que incluso poideran sair novas mobilizacións.
 

CC.OO. acusa a Medio Rural de "irresponsabilidade"e convoca aos traballadores do lume a unha nova asamblea

 
12 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL

Ante o que califica de "irresponsabilidade, incapacidade e incompetencia de Medio Rural para resolver un conflicto laboral que xa dura máis de dous anos", Comisións Obreiras convoca una nova asamblea xeral dos traballadores de Prevención e Extinción dos Incendios Forestales. Na asamblea "tentarase adoptar conxuntamente cos traballadores as novas decisións que haxa que adoptar ó respecto", sinala a organización sindical.
Comisións Obreiras volta a facer un novo chamamento á unidade sindical "para loitar polos dereitos básicos destes traballadores, pola profesionalización do servicio público de extinción de incendios forestais e para impedir a súa privatización a través do chiringuito de SEAGASA".

A asamblea celebraráse na Cada da Cultura de Silleda o martes que ven, día 15 de maio, a partires das nove e media da mañá.
No orden do día que plantexará tratar a organización sindical convocante da asamblea, hay tres asuntos fundamentais de saída: o bloque da negocaición dun Acordo de Normalización e Mellora das Condicións Laborais dos traballadores do lume, as pritavización do SDCIF e o "asunto SEAGASA", e incluso posibles mobilizacións que a asamblea poidera decidir.

Volver atras Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital