A creación dun corpo de 3.000 VOLUNTARIOS, dependentes da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, destinados á vixilancia e prevención dos incendios forestais, xunto coa implantación da empresa publica SEAGASA por parte da Consellería do Medio Rural, ven a desenmascarar un transfondo perigosamente neoliberalizador subxacente nas políticas que o BNG está implantando na xestión dos servicios públicos baixo a súa competencia, segundo volta a denunciar o sindicato Comisións Obrerias.

 
 

CC.OO. advirte dos riscos do voluntarismo ao que recorre a Xunta, á que lle pide que retroceda nos seus propósitos

 
17 de ABRIL de 2007: OURENSE DIXITAL

A organización sindical volve a destacar que "en dous anos gobernando, os dirixentes de Vicepresidencia e Medio Rural foron incapaces de acadar avances na profesionalización do Servicio Público de Defensa Contra Incendios Forestais". Pola contra, sostén CC.OO., lonxe de intentar a profesionalización do colectivo búscase un novo modelo de xestión "máis próximo ás formas privadas que á un xestión socializada e profesista de administración pública".
Concretamente refírise a organización sindical agora a implantación do corpo de voluntarios, dependente de Vicepresidencia en colaboración da Consellería do Medio Rural. Para Comisións Obreiras, "é unha volta de tuerca máis da engranaxe implementada para fuxir do dereito público cara formas de xestión privadas a costa do empeoramento dos servicios públicos e á costa do empeoramento das condicións laborais dos traballadores".
Pero ademáis, segundo CC.OO, podería darse "a paradoxa" de que os voluntarios, no desenrolo dos seus cometidos, poideran incorrer, desde o punto de vista xurídico, en usurpación de funcións o facer labouras que podeiran invadir cometidos, nalgúns casos, exclusivamente permitidas, ós profesionais do sector público: vixiantes, gardas forestais, policías, etc..
Para CC.OO. o voluntarismo, agás en situacións extraordinarias de emerxencia xeneralizada, non deixa de ser "unha forma máis de desprofesionalización e precarización da situación dos traballadores substituíndo o seu salario pola gratificación e a manutención".
"Estas políticas son totalmente contradictorias coa dialéctica programática do BNG e, unha de duas, ou o discurso programático era un engano ou estas decisións son consecuencia do fracaso e da impotencia para acadar unha xestión democrática e social dos servicios públicos", conclúe suliñando a organización sindical Comisións Obreiras, que esixe ao goberno da Xunta de Galicia "que retroceda nesta política neoliberalizadora, e aposte po rreforzar o papel dos corpos e forzas de seguridade e dos traballadores dos servicios públicos".

Volver atras Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital