Home  
 
 
 
 
 

O Grupo do PSOE no Concello de Beade deulle ao alcalde onde cecais máis lle doi a Senén Pousa, no desaparecido Caudillo Francisco Franco. Aproveitando os tempos da Lei da Memoria Histórica, os socialistas plantexan ao Concello que se suprima o nome de Franco dado á rúa principal de Beade. E Senén Pousa, alcalde, nin siquiera quere someter o asunto á pleno, onde lle podería pasar o rodillo da maioría do seu grupo.

 
 

O alcalde Senén Pousa resístese a quitarlle o nome de Franco á rúa principal de Beade

 
28 de NOVEMBRO de 2007: OURENSE DIXITAL

O alcalde de Beade, o popular Senén Pousa Soto, coñecido hasta hai pouco polas misas que lle adicaba chegado o 20 de novembro de tódolos anos o extinto Caudillo, rexeita debater e votar unha moción presentada polo Grupo Sociaista sobre a Lei da Memoria Histórica. A proposta dos socialistas concrétase no caso de Beade no cambio de nome da rúa principal que leva a nome, precisamente, do Caudillo. Extremo que o rexedor municipal se nega siquera a tratar.
O portavoz socialista neste concello, Miguel Ángel Carreiro Estévez, denuncia a situación e insiste en que esta moción, xunto con outra plantexada sobre os problemas medioambientais que xenera o Matadoiro municipal, "foron presentadas en tempo e forma". Pese a cal "o alcalde impide que se traten".

Carreiro Estévez califica a actitude de Senén Pousa, alcalde, de "despota e caciquil", ao que engade que "parece que ao alcalde non lle fai ningunha graza cambiar calquera cousa que faga referencia ao seu 'amado Caudillo' de quen é seguidor xa que segue aplicando métodos propios de rexímenes ditatoriais".
Segundo o portavoz socialista, "a pesar de que a Democracia chegou a España fai máis de 30 anos, quedan redutos como este Concello, onde un señor pretende facer do municipio o seu particular cortixo"
Os socialistas advírtenlle a Pousa Soto de que "faremos todo o posible para que estas mocións se debatan no pleno, e para que alcalde saiba que non pode decidir o que pode ir ou non pode ir á pleno".

Volver atras
Imprimir Página
 
  Senén Pousa Soto, alcalde de Beade
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital