O portavoz do PSdeG-PSOE de Trives, Francisco del Río Merencio, desminte todas as afirmacións vertidas polo alcalde, Francisco José Fernández contra os socialistas e, destaca que "a decisión do rexedor local de romper o pacto de cogoberno sorprendeu, non só aos socialistas, senón ao propio grupo dos independentes e, por suposto, a todos os veciños e veciñas do municipio".
Del Río denuncia a que califica de decisión "unilateral" do rexedor municipal ao romper o acordo, o que del Río Merencio interpreta como"unha mostra máis da súa irresponsabilidade política e do pouco que lle importa o expresado polos triveses e trivesas nas urnas o pasado 27 de maio".
Os socialistas dicen estar "satisfeitos" co traballo realizado mentras foron cogoberno: "Temos a conciencia moi tranquila porque durante este tempo traballamos por e para os veciños, atendendo en todo momento as súas demandas, as súas inquedanzas. Sempre fixemos, ante as administracións correspondentes, as xestións necesarias para que Trives deixe de ser un municipio esquecido", sinala del Río Merencio.
Ademáis, segundo os socialistas o Grupo do PSOE "sempre cumpriu o establecido no pacto de cogoberno, o único que non o fixo así foi o Sr. Fernández, que nin tan sequera llo explicou a todos os concelleiros e concelleiras do seu Goberno".
Según o portavoz socialista, "o alcalde de Trives móvese só polo desexo de ser noticia, quere ser protagonista da política local e saír a calquera prezo nos medios de comunicación, esquecendo que os únicos protagonistas da vida política son os veciños e as veciñas do concello".
O grupo municipal socialista de Trives pide ao rexedor "que conte toda a verdade e que diga que o único que non cumpriu o pacto de cogoberno foi e é él".
Advirten ademáis os socialistas que
O PSdeG-PSOE seguirá sendo desleal "a quen faga falla" se con iso logra que respetar a vontade dos veciños, e loitar por mellorar as súas condicións de vida. "O noso partido, dende a oposición ou dende o goberno sempre traballou, traballa e seguirá traballando polo noso pobo, para que se converta nun referente económico, social e cultura desta comarca", sinala o portavoz socialista, del Río Merencio.
|