De momento o servizo de teleasistencia domiciliaria sigue sin ser gratuito en Castrelo de Miño.
Unha nova alianza do BNG co PP serviu para tumbar a proposta dos socialistas, ao tempo que para por de manifesto que sigue a chirriar o acordo de goberno entre nacionalistas e socialistas.
 
 
En Castrelo de Miño o BNG volve votar co PP en contra dunha proposta do PSOE de que a teleasistencia sexa gratuita
26 de OCTUBRE de 2007: OURENSE DIXITAL
   

"O BNG ten dúas varas de medir en Castrelo de Miño. Unha que emprega cando está na oposición, e outra que utiliza cando está no Goberno. Mentres estiveron na oposición criticaron a forma de actuar do anterior rexedor do Partido Popular, e agora están a facer o mesmo ao negarse a cambiar o convenio co empresa concesionaria do servizo de Teleasistencia e incluír a un membro de cada grupo político na comisión de seguimento”.
Esto o dí o portavoz do Grupo do PSOE neste Concello, Manuel González, para cuestionar o feito de que BNG e PP

votaran en contra unha enmenda do Grupo Socialista, pola que se instaba ao Goberno local a facer gratuíto o servizo de teleasistencia domiciliaria.

Dende o Partido Socialista pedíase, ademais, que na comisión de seguimento deste proxecto, da que forman parte os representantes designados pola Deputación e pola empresa adxudicataria do servizo, se incluira un membro de cada grupo político, ao que votaron en contra populares e nacionalistas. "Non entendemos a negativa destes grupos xa que o que se pretendía dende o PSdeG-PSOE con esta emenda era dar máis transparencia ao traballo da comisión”, sinala o edil socialista.
Con respecto a prestación gratuita do servizo de teleasistencia, Manuel González recalca que "este é un servizo social para os máis desfavorecidos e debemos ter en conta que a maioría dos usuarios son xente maior con pensións moi baixas que a penas poden chegar a fin de mes". Polo que o portavoz do PSdeG-PSOE insiste en que o servicio debe ser totalmente gratuito en Castrelo de Miño, "como xa ocurre noutros concellos", conclúe.

 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital