O entendemento no Concello de Castrelo de Miño entre BNG e PSOE parece cada día máis lonxe. A non ser para a investidura de Xurxo Rodríguez como alcalde, ambas forzas van por libre e os socialistas recoñecen, incluso, que "o desencontro no goberno de Castrelo de Miño ponse cada vez máis de manifesto".
 
 
O PSOE recoñece que "o desencontro no goberno de Castrelo de Miño ponse cada vez máis de manifesto"
21 de SEPTIEMBRE de 2007: OURENSE DIXITAL

Aínda que na teoría e na sesión de investidura nacionalistas e socialistas parecían socios no Concello de Castrelo de Miño, este venres a alianza dos tres concelleiros cos do PP e o voto de calidade do alcalde derrotou unha proposta do Grupo Socialista. Non é que populares e nacionalistas votaran no mesmo sentido, pero o feito de que os concelleiros do PP se abstiveran propiciou un empate a 3 votos entre nacionalistas e socialistas que desfixo o voto de calidade do rexidor do BNG.
O PSOE non dubida en recoñecer que "o desencontro no goberno de Castrelo de Miño ponse cada vez máis de manifesto".

O PSdG-PSOE presentou este venres unha moción sobre o viño, xustificando a urxencia na falla de Comisións Informativas das que tería que saír un ditame que logo se incorporaría o pleno, ademais de que a campaña da vendima xa comezou.
A urxencia foi aprobada por todos os grupos e pasouse a devatir a moción. Una vez no debate o BNG e PP decidiron deixala sobre a mesa como trámite previo para ditar unha resolución despois dunha reunión entre todos os grupos políticos. "O PSdeG-PSOE non vota en contra, porque si primeiro se di que é urxente, como podemos deixala para outro día", argumenta o voceiro socialista, González Carvajal.
O PSdeG-PSOE, tamén no turno de preguntas, lle fixo unha ó Alcalde interesándose pola situación na que se atopa o rexidor municipal con respeto a súa adicación exclusiva, posto que "nun periodico do día 19 de Setembro aparece todavía como Técnico do Consello Regulador, cando a súa adicación foi aprobada polo pleno o día 10 de setembro", sinalan os socialistas de Castrelo de Miño.

O PSOE considérase na oposición

Con respeto o pacto acadado no seu día para a investitura do nacionalista Xurxo Rodríguez Méndez como alcale, "o PSdeG-PSOE neste intres atopase na oposición despois de deixarlle aberta a porta o BNG para asinar o documento redactado polo BNG", concreta ó respecto o xefe do Grupo Socialista no Concello de Castrelo.
González Carvajal, representante tamén da Agrupación Local do PSdeG-PSOE en Castrelo de Miño, sostén que non se opuxo o soldo do alcalde como se desprende da acta do pleno de 10 de setembro, sinon que "manifestamos que nos parecía ben, pero que íamos votar en contra posto que non tiñamos acordo de goberno", matiza.

"Outro paradoxo que se da é que nos órganos de representación do Concello está o PP, -sinala González Carvajal-, é tamén é un paradoxo que o BNG para un órgano tan importante e tanto quere vender coma e á ruta do viño no faga proposta no pleno anterior coma se deduce da acta e lle deixe o asunto directamente o PP", sinala o voceiro socialista.

Volver atras Imprimir Página
 
       
REDACCIÓN de Ourense Dixital