2010, 20 de SETEMBRO
 
 
 
 

Restablécese a normalidade nas salas de Musculación e de Halterofilia do Pavillón de Deportes de Os Remedios, unha vez rematadas as obras que comezaron no mes de agosto e reubicadas as máquinas. Entre elas, as novas que completan a oferta do recinto municipal

 
 
Rematadas as obras, volven a estar en servizo as salas de Musculación e Halterofilia do Pavillón de Os Remedios
 
20 de SETEMBRO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

Os abonados do Pavillón de Deportes de Os Remedios xa poden facer uso do Ximnasio de Musculación, unha vez que as obras de remodelación de estas instalaciones foron completamente rematadas, as máquinas axeitadamente ubicadas e a zona habilitada por completo para a práctica deportiva.
Esto xa ocurreu a finais desta semana pasada, polo que a partires deste lunes, 20 de setembro, o Ximnasio de Musculación comeza novo curso deportivo trala profunda remodelación sufrida.

Os traballos comezaron co mes de agosto, o que fixo preciso este ano inhabilitar este recinto totalmente a práctica deportiva dende este mes.
As obras consistiron en dotar este espazo dun novo solo, pintado e recubrimento das paredes mentras agora as columnas están revestidas de madeira laminada.
A remodelación afectou tamén a rede eléctrica do Ximnasio, reparándose toda a luminaria do recinto así como as tomas eléctricas.
Tamén se repuxo a maquinaria deportiva, incorporándose novas máquinas para o traballo diario dos deportistas que “en gran número” fan a cotío uso desta instalación deportiva do recinto municipal de Os Remedios.

O Consello Municipal de Deportes anuncia que a partires de agora tódolos abonados do Pavillón xa poden, de novo, utilizar este recinto con total normalidade tanto pola mañá como pola tarde, así como a Sala de Halterofilia contigua á Sala de Musculación que foi acondicionada tamén da mesma forma.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página