O Consello Municipal de Deportes de Ourense, “na súa preocupación por atender as necesidades deportivas que lle son propias e fomentar este tipo de actividades”, sinala o departamento de Fernando Varela, ven de publicar unha nova convocatoria de subvencións conforme á Ordenanza Xeral Municipal de Subvencións.
Convocatoria que xa foi publicada no Boletín Oficial da Provincia de Ourense de 9 de xullo de 2005, a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Lei 38/2003 Xeral de Subvencións de acordo coa súa disposición derradeira primeira e, supletoriamente, o Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, que aproba o Regulamento da Lei 9/2007 de subvencións de Galiza; disposicións ás que se suxeta a nova convocatoria de subvencións do CMD para o ano 2011 en materia deportiva.
Nesta ocasión volven a distinguirse dúas liñas de financiamento:
- Organización de actividades deportivas federadas e outras actividades de especial transcendencia social que contribúan á promoción deportiva no período comprendido entre 1 de novembro de 2010 ao 31 de outubro de 2011.
- Participación ou organización de competicións federadas de carácter oficial tempada 2010-2011.
- Bolsas individuais para deportistas do Concello de Ourense.
O organismo xestor é, en tódolos casos, o Consello Municipal de Deportes. As solicitudes presentaránse nas oficinas do CMD segundo os prazos que de seguido se refiren:
- Liña de actuación 1.ª: ata o 31 de outubro de 2011
- Liña de actuación 2.ª: ata o 18 de febreiro de 2011
- Liña de actuación 3ª ata o 17 de marzo de 2011