A Concellería de Xuventude vén de renovar o seu compromiso establecido o pasado ano coa área de Deportes, para promover a participación dos ourensáns como voluntarias e voluntarios no desenvolvemento da Carreira Popular Pedestre de San Martiño.
A concelleira de voluntariado, Marta Arribas, e o concelleiro de deportes, Fernando Varela, explicaron que dende o departamento de Voluntariado que dirixe Arribas “apostamos por promover a participación de voluntarios na organización e desenvolvemento dos eventos máis significactivos da cidade, co obxectivo de acadar unha sociedade máis activa e dinámica”. Asimesmo, a responsable da área de voluntariado destacou na súa intervención que “eventos da magnitude da Carreira Popular serven para dar a coñecer Ourense” e agradeceu a “ampla colaboración dos ourensáns na pasada edición, na que participaron máis de 120 voluntarios, xa que sen eles non sería posible desenvolver este evento con tanto éxito”.
Na mesma liña, Fernando Varela, fixo fincapé na importancia que tén o componente humán na organización de eventos deportivos tan significativos coma este: “a colaboración de toda a cidadanía, xunto co traballo de Protección Civil, Policía Local e os propios membros do Consello Municipal de Deportes é o que garantiza o éxito da Carreira Popular Pedestre de San Martiño”.
O concelleiro de deportes tamén rematou a súa intervención agradecendo o traballo realizado polos voluntarios e voluntarias na pasada edición e animou aos ourensáns a participar de novo este ano.
Todos os interesados en colaborar, deben anotarse na Oficina Municipal de Voluntariado, situada na Praza de San Martiño, nº 2, antes do día 5 de novembro.
O único requisito é ser maior de 16 anos, idade mínima establecida pola Lei de Voluntariado.
|