|
| |
| |
"Dende que chegamos ao governo municipal é para nós un obxectivo primordial remodelar as instalacións deportivas existentes", sinalou o concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Fernando Varela, ao presentar o novo Complexo de Mariñansana. Terá capacidade para 1.500 espectadores, segundo puxo de manifesto o concelleiro de Deportes, e ubicarsase nun espazo de 7.400 metros cadrados |
| |
| |
|
|
| Presentado o novo complexo de Mariñamansa, con capacidade para 1.500 espectadores |
| |
 |
 |
 |
Coa presenza da tenente de alcalde e portavoz do Grupo do BNG no Concello de Ourense, Isabel Pérez, o concelleiro de Deportes, Fernando Varela, e o xerente do Consello Municipal de Deportes, Manuel Rodríguez Mosquera, presentaron o plan director do futuro complexo deportivo de Mariñamansa. Unha infraestrutura que contará cunha pista polideportiva de 1.536 metros cadrados dedicados exclusivamente á práctica da ximnasia, así como unha piscina de 25 metros.
A pista principal do futuro novo complexo de Mariñamansa terá unha capacidade para 1.500 espectadores, aforamento produto da bancada fixa máis outra retráctil que irá instalada no espazo principal deste complexo deportivo.
"Dende que chegamos ao governo municipal é para nós un obxectivo primordial remodelar as instalacións deportivas existentes", sinalou o concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Fernando Varela, quen se referiu aos traballos xa acometidos en instalacións como as de Santa Cruz e Oira.
O futuro complexo deportivo de Mariñamansa totalizará 5.600 metros de instalacións nun espazo de 7.400 metros cadrados.
O Concello de Ourense dispón de 602.000 euros para dar comezo a este proxecto, e Fernando Varela destacou o feito de que na capital ourensá cúmprense xa 15 anos sen que se constrúa unha infraestrutura deste tipo totalmente nova. Aínda que "ninguén debe poñerse medallas porque este é un proxecto de toda a cidade, de todos vos ourensáns", advertiu o concelleiro de Deportes do Concello de Ourense.

|
|
|
 |
 |
 |
|
| |
 |
|
|