|
| |
| |
Reedítase o clásico maratón de Fútbol Sala das Festas de Ourense, e o programa complétase con un partido homenaxe ao Pavillón Cidade das Burgas polo seu recente ascenso á División de Honra. Está aberto o prazo para inscripcións no maratón de fútbol sala. O Torneo, que ven de ser presentado polo concelleiro de Deportes, Fernando Varela, celebrarase os días 26 e 27 de xuño, en penas Festas da cidade |
| |
| |
|
|
| O Pavillón dos Remedios acolle o maratón de Fútbol Sala das Festas de Ourense os 26 e 27 deste mes |
| |
 |
| 15 de XUÑO de 2010: OURENSE DIXITAL |
 |
O conceleiro de Deportes do Concello de Ourense, Fernando Varela, presentou unha serie de actividades de fútbol sala para os próximos días insertos no programa das Festas Maiores da cidade. Reedítase o clásico maratón de Fútbol Sala, e o programa complétase con un partido homenaxe ao Pavillón Cidade das Burgas polo seu recente ascenso á División de Honra. Está aberto o prazo para inscripcións no maratón de fútbol sala.
Está aberto o prazo de inscrición de equipos participantes no Maratón de Fútbol sala “Festas de Ourense” que se celebrará os días 26 e 27 deste mes, dentro do programa das Festas Maiores da cidade.
|
|
|
As inscricións poden facerse tanto nas instalacións do Pavillón dos Remedios como nos locais da Asociación de Vecinos “Carlasca” da Carballeira (Castelo Ramiro, núm. 1).
O maratón de Fútbol sala forma parte dunha serie de accións deportivas que, á súa vez, inscríbense no programa de Festas da cidade, e que se completan cun partido de fútbol entre Club Deportivo Ourense e unha selección de xogadores ourensáns. Este partido servirá de homenaxe ao Pavillón Cidade das Burgas polo seu recente ascenso á categoría de División de Honra.
O programa para o martes, día 27 de xuño, dará comezo ás cinco da tarde coa liga municipal intercultural, á que seguirá a final do maratón de Fútbol sala “Festas de Ourense”. Para as 18:40 horas está previsto o partido de fútbol sala feminino entre os equipos Cidade das Burgas e Castrelo Fútbol Sala. |
|
|
 |
 |
 |
|
| |
 |
|
|