2011, 7 de XULLO
 
 
 
 

Concello de Ourense e Consello Municipal de Deportes poñen en marcha o “Correndo por Ourense” 2011. É o primeiro circuito estable de carreiras populares da cidade, que engloba tamén vellas probas, algunas das cales, como a clásica Nocturna do verán, caracterizouse até o de agora pola súa intermitencia. Arranca na Ponte este 22 de xullo

 
 

Presentado o “Correndo por Ourense” 2011, primeiro circuito de carreiras populares da cidade

 

Cinco probas de atletismo conforman o primeiro Circuito de Carreiras “Correndo por Ourense” que este xoves presentaron o concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Fernando Varela, e a coordinadora do CMD, Consello Municipal de Deportes, Marta Míguez. Na organización deste primeiro calendario estable de probas atléticas, está implicado tamén o Clube Academia Postal e a Sociedad La Troya de A Ponte.
Precisamente polo barrio de A Ponte arranca este 22 de xullo o calendario de probas do “Correndo por Ournse” 2011. Trátase dunha clásica, a das festas pontinas, que se encardina neste programa estable de carreiras da capital ourensá.

A esta primeira proba seguira a Nocturna de Ourense que se celebrará o 27 de agosto con saída e meta no Parque Barbaña. Trátase dunha proba que xa existíu anos atrás, pero con moi escasa continuidade, e que a Concellería de Deportes tenta agora recuperar totalmente.
O 11 de setembro terá lugar a proba da Casa da Xuventude, e o día 9 de outubro a clásica de O Couto que este ano se pasa para esta data.
O “Correndo por Ourense” do 2011 rematará o 23 de outubro coa proba de A Carballeira, que será a que peche este primeiro calendario de probas.

Será aquí donde se premie aos participantes segundo os resultados acadados no cómputo das probas do circuito. Puntuarán catro e desbotarase o pior resultado nos casos dos corredores que as corran todas.
Para participar é preciso adquir ou ben alugar un chip que terá un custe de 10 euros. Cabe duas posibilidades ao rematar o circuito de carreiras: quedarse co chip para futuras edicións, ou devolvelo e recuperar 6 euros que se fixan para depósito do trebello.
Haberá 10 categorías: pitufos, benxamín, alevín, infantil e cadete para os máis pequenos; e xuvenil, junio, promesa, senior e veterano.

Volver atras
Imprimir Página