2010, 10 de MAIO
 
 
 
 
Trátase dunha actividade na que colabora o Concello de Ourense, que foi presentada este 10 de Maio no Pavillón de Os Remedios polos responsables da mesma e coa presenza do concelleiro de Deportes, Fernando Varela. Terá lugar nas instalacións de Santa Cruz de Arrabaldo, que cede o Consello Municipal de Deportes, do 28 de xuño ao 3 de xullo. Na actividade colabora tamén a Sociedade Deportiva e Cultural Arrabaldo desta cidade. Os organizadores, técnicos do Real Club Celta de Vigo, comprometen un Campus de alta calidade e específico para a ocasión.
 
 

Presentado o "Campus de Verano" do Celta de Vigo no que colabora o Consello Municipal de Deportes de Ourense

 
10 de MAIO de 2010: OURENSE DIXITAL
Coa colaboración do Concello de Ourense a través do Consello Municipal de Deportes, que cede as instalacións, Ourense acollerá o 28 de xuño ao 3 de xullo o "Campus de Verano" da Fundación Celta de Vigo. A actividade está dirixida a nenos de 4 a 15 anos de idade, e tamén conta coa colaboración da Sociedade Deportiva e Cultural Arrabaldo desta cidade.

Segundo puxeron de manifesto os organizadores no acto de presentación, ao que asistíu polo CMD o concelleiro Fernando Varela, este Campus desenvolverase en réximen matinal.

Tamén está previsto que xogadores e entrenadores do Celta de Vigo acudan a este Campus para disertar e contar as súas experiencias.
O Campus comprende tamén adestramentos específicos para os porteiros, preparación física, estratexia, control de balón, comportamento, etc.

Este Campus de Verán tenta ser un proxecto ambicioso, "estructurado para facer vivir aos nenos como si foran auténticos xogadores profesionais, descubrindo facetas e detalles do fútbol que lles permitan ampliar, perfeccionar e mellorar os coñecemtnos e os fundamentos do fútbol", sinalan os organizadores.
Destácase, así mesmo, que os contidos son específicos, xa que tales se diseñan para cada Campus, e están elaborados e asesorados por profesionais de calidade, formación e ampla experiencia.
Tales serán coordinadores e entrenadores das categorías inferiores do Real Club Celta de Vigo, como queda dito, así como monitores licenciados en INEF ou carreiras análogas, ou, no seu defecto, entrenadores de Nivel 2.

Para ampliar información, en la web de la S.D.Arrabaldo.

Volver atras
Imprimir Página