2011, 12 de XANEIRO
 
 
 
 

O Circuito de Monterrei, nos arredores da capital ourensá, acollerá este domingo, 16 de xaneiro, o Campionato Galego de Campo a Través en distancia curta, só 4 quilómetros. Unha proba que se completa co “Memorial Alejandro Rodríguez” que engloba ás categtorías menores, dende benxamíns ata infantiles

 
 
Monterrei acolle este domingo  o 4º Cross “Ourense Capital Termal” de Campo a Través curto e para menores
Ourense acollerá este domingo, 16 de xaneiro, o 4º Cross “Ourense Capital Termal” do Campionato Galego Absoluto de Campo a Través sobre distancia curta (4 quilómetros), nas categorías cadete e xuvenil, tanto invidual como por equipos, así como o “Memorial Alejandro Lorenzo” para as chamadas categorías menores. O evento deportivo foi presentado este mércores polo concelleiro de Deportes, Xosé Fernando Varela. Este cross terá lugar no circuito de Monterrei e comenzará ás dez e media da mañá coas probas da categoría benxamín para mulleres e homes, rematando a partires das 13:15 Hs., cando saían os

corredores da categoría absoluta do Campionato Galego de Campo a Través Curto, xa que se correrá sobre unha distancia aproximada de 4.000 metros.
Precisamente a mañá deportiva deste domingo en Monterrei comeza coas probas das categorías menores do “Memorial Alejandro Lorenzo”, e remata coas do Campionato Galego de Campo a Traves que se abren pola categoría cadete e xuvenil y rematancoa absoluta, como queda dito.
Deste xeito, a Concellaría de Deportes sigue recordando a figura do que fora o fundador do Clube de Atletismo do Pabellón de Os Rmedios, Alejandro Rodríguez, “Lucho Barreiro”. O “Memorial Alejandro Rodríguez” engloba as chamadas categorías menores, que van dende benxamíns ata infantil, nunhas distancias de entre os 800 metros e os 2.750. Esta xornada de Campo a Través está organizada por la Federación Galega de Atletismo y conta co patrocinio do Concello de Ourense a través da Concellaría de Deportes, así como outras firmas de toda Galicia.

Volver atras
Imprimir Página