2010, 19 de XULLO
 
 
 
 

O barrio de A Ponte acollerá este venres, 23 de xullo, a III edición da Carreira Popular de “A Ponte” 2010, que se celebrará a partires das 9 da tarde, cando se lle de saída aos máis pequenos, á categoría de “pitufos”. A carreira rematará xa entrada a noite, estando prevista a entrega de premios para as 10:25. O desenvolvemento da proba estará supervisada polo Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo.

 
 
A Ponte acolle este venres, 23, a III edición da súa Carreira Popular das Festas de Santiago
 
19 de XULLO de 2010: OURENSE DIXITAL
O barrio de A Ponte acollerá este vindeiro día 23 de xullo, con motivo das Festas de Santiago, a III Carreira Popular “A Ponte” 2010, con organización de Ourense Academia Postal e patrocinio do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense. A proba estará baixo control da Federación Galega de Atletismo, e poderán participar nela tanto atletas federados como non federados.

A carreira comezará ás 21:00 horas na categoría de “pitufos” sobre un percorrido de 400 metros, rematando a partires das 21:25 horas coa saída para os veteranos de 40 anos en adiante. As 22:25 horas está previsto o acto de entrega de premios.

Quenes queiran participar nesta carreira poderán facelo a través de Internet, na web championchipnorte, nas instalacións do Pavillón de Os Remedios (Pardo de Cela, 2) e nas da Sociedade La Troya (Ribeira de Canedo, 2). O prazo de inscricións remata o mércores, día 21, ás 20:00 horas.
Os atletas inscritos na Carreira Popular de “O Couto” do pasado 9 de maio, xa están preinscritos nesta carreira, o mesmo que na de A Carballeira que se celebrará o vindeiro 24 de outubro. O mesmo que os que se inscriban na de A Ponte tamén quedarán preinscritos na carreira de A Carballeira.

Haberá trofeos para os primeiros clasificados de cada categoría, e para os cinco primeiros da categoría absoluta, tanto en homes como en mulleres. Todos os participantes que cheguen á meta recibirán unha camiseta conmemorativa da carreira ata fin de existencias, segundo a organización.
Na categoría de “pitufos”, tódolos cativos que completen o percorrido terán dereito a medalla.

Volver atras
Imprimir Página