2010, 26 de MAIO
 
 
 
 
Trátase dunha actividade na que colabora o Concello de Ourense, que foi presentada este 10 de Maio no Pavillón de Os Remedios polos responsables da mesma e coa presenza do concelleiro de Deportes, Fernando Varela. Terá lugar nas instalacións de Santa Cruz de Arrabaldo, que cede o Consello Municipal de Deportes, do 28 de xuño ao 3 de xullo. Na actividade colabora tamén a Sociedade Deportiva e Cultural Arrabaldo desta cidade. Os organizadores, técnicos do Real Club Celta de Vigo, comprometen un Campus de alta calidade e específico para a ocasión.
 
 

O Municipal de Os Remedios acolle o primeiro fin de semana de xuño o XIX Torneo Cidade de Ourense de Fútbol Cadete

 
26 de MAIO de 2010: OURENSE DIXITAL
O Campo "Miguel Ángel González", Municipal de Os Remedios, acollerá os vindeiros 5 e 6 de xuño o XIX Torneo Cidade de Ourense de Fútbol Cadete, "VI Memorial Emilio Parente" que organiza o Consello Municipal de Deportes coa colaboración de Federación Galega de Fútbol e Caixanova.
Seis equipos tomarán parte neste Torneo, entre os que se atopa a Selección de Ourense e o Pabellón Club de Fútbol. Estarán o Real Madrid, outro ano, e o Atlétic Club de Bilbao, así como Sport Lisboa e Benfica xunto co FC Porto de Portugal.
A Concellaría de Deportes, promotora desta nova edición do Torneo Cidade de Ourense de Fútbol Cadete, invita a tódolos ourensáns a este acontecemento que disporá de entrada gratuita ao recinto de Os Remedios.

 

Volver atras
Imprimir Página