A Xunta confirma que o Parque de Bombeiros do Carballiño estará operativo ao longo do vindeiro ano
 
Na súa visita ás obras, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez, confirmou este martes que o Parque de Bombeiros de O Carballiño entrará en servizo ao longo do vindeiro ano. Ten un investimento final de 2 millóns de euros, dos que a administración autonómica asume o 50%, un millón, e contará con 19 profesionais que prestarán servizo contra incendios e de xestión das emerxencias a 48.100 persoas dos 19 concellos aos que da cobertura.
 
 
 
 
 
12 de JUNIO de 2013: CARBALLIÑO DIXITAL

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitou esta mañá as obras do futuro parque de bombeiros do Carballiño que se entrará en funcionamento ao longo do ano que vén. O parque do Carballiño será o cuarto da provincia ourensá  -xunto aos da Rúa, Verín e Xinzo- e o número 25 destas infraestruturas que completan a rede de emerxencias supramunicipal que a Xunta e as Deputacións están a poñer en marcha en todo o territorio galego, sinala a delegación territorial da Xunta en Ourense.

O investimento total previsto para a súa construción e equipamento é de  2 millóns de euros, financiados pola Xunta de Galicia, a Deputación e os concellos implicados.
A Administración autonómica asumirá o 50% do orzamento total, mentres que o organismo provincial achegará o 30% e os municipios o 20% restante.
Rogelio Martínez incidiu na importancia  da colaboración entre institucións para ter en funcionamento este tipo de infraestruturas e subliñou o "esforzo inversor do Goberno galego na xestión de emerxencias, para que calquera cidadán, viva onde viva, poida ter un servizo de resposta ante as emerxencias de calidade nun tempo  razoable". 

O edificio está emprazado no parque empresarial da Uceira e a súa construción, que está practicamente rematada, supuxo un investimento de 670.000 euros.
O pasado mes de maio a Xunta licitou a adquisición de 3 vehículos de emerxencias para este novo parque por un importe de máis de 1.100.000 euros e xa se celebrou a primeira sesión da mesa de contratación coa apertura dos sobres das ofertas.
Nos próximos días reunirase o comité de técnicos para avaliar as ofertas e as melloras que fagan as empresas. O prazo de execución é de 9 meses.
En concreto, os vehículos contra incendios cos que se dotará este parque son un camión escaleira de rescate en altura, un vehículo bomba urbana lixeira de primeira intervención (BUL) e un camión nodriza bomba pesada (BUP).

O parque do Carballiño contará con 19 profesionais e dará servizo contra incendios e de xestión das emerxencias a 48.100 persoas de 19 concellos que , tal e como apuntou o delegado, estarán máis seguros tras a posta en marcha desta infraestrutura.  
En concreto, terá cobertura de intervención directa sobre os concellos do Carballiño, Beariz, Boborás, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro, San Cristovo de cea, Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 12, MARTES
 
La obra del AVE da una posición engañosa de inversión pública en Ourense, que Xunta, Deputación y concellos ...
El GM del PP en el Concello suspende el primer año del segundo mandado del Gobierno de Rodríguez
El doctor Fernández diagnóstica "parálise total" del Gobierno municipal con múltiples fallos en las concellerías
El Gobierno municipal lamenta la "utilización frívola de nomes de graves doenzas" que hizo Rosendo Fernández
Los socialistas de Oímbra vuelven a preguntar por la subvención de 12.000 euros para actividades escolares