Francisco Rodríguez, candidato socialista á alcaldía de Ourense, apostará por unha concellería da Muller "centrada nas necesidades reais do sexo femenino desta cidade, cúns orzamentos e estructura acordes coa función que desenvolverá".
Así o manifestou o candidato do PSOE a alcaldía de Ourense, no día no que entrou en vigor a Lei do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia, que pretende facilitar á muller o acceso ó ámbito laboral en igualdade de oportunidades que o sexo masculino. O que o candidato socialista valorou coma "unha xornada histórica"
 
 
 
Rodríguez anuncia unha Concellería da Muller no Concello de Ourense, entre outras políticas de igualdade  
03 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL

Francisco Rodríguez lembrou que un dos eixos fundamentais do proxecto do goberno socialista en Ourense centrarase nas políticas de igualdade, que incluirán unha concellería da Muller, unha Auditoría de Xénero, Estadísticas Locais, e un Observatorio Municipal contra a violencia de xénero, entre outras medidas.
“A muller atópase neste momento nunha situación de desigualdade por razóns de xénero e, sen embargo, representa á metade da poboación. Calqueira goberno municipal serio, ten que facerlle frente a esta cuestión. E, unha vez máis, seremos os socialistas en Ourense quenes loitaremos polos dereitos da muller, e quenes a través dos gobernos local, autonómico e estatal intentaremos primeiro atenuar esta situación, e despois erradicala”, explicou Francisco Rodríguez.

As políticas de igualdade para o futuro goberno socialista, a decir de Francisco Rodríguez, pasarán por un mandato paritario, "non só nas listas, senón que a muller tamén terá representación paritaria en tódolos organismos en que participa o Concello de Ourense", sinalou Francisco Rodríguez, así como nas xuntas de área.
Entre as primeiras tareas en materia de igualdade, Rodríguez anunciou que o futuro goberno socialista traballará na creación dunha Auditoría de Xénero coma "unha ferramenta que permita coñecela realidade actual de Ourense e que axude a detecta-las situacións de desigualdade entre homes e mulleres". Esta auditoría, que funcionará nos primeiros meses do mandato: “dará unha perspectiva de xénero os orzamentos municipais, o que permitirá aproximar as políticas de gasto ás necesidades reais da poboación”, engadiu Marga Martín, quén aposta por dar un xiro ó funcionamento da Casa de Acollida.
Outra das apostas do futuro goberno socialista serán as Estadísticas Locais e Oficiais, con datos por sexo que permita coñecer a situación real dos beneficiados dos recursos públicos do Concello de Ourense; e o Observatorio Municipal contra a violencia de xénero, xa que, segundo Marga Martín, “necesitamos datos fiables para traballar”.

Por último , o futuro goberno socialista proponse por en marcha unha Comisión Interdepartamental de Igualdade na que participarán tódalas concellerías, co obxectivo de incorporar o principio de igualdade a tódalas políticas desenvolvidas polo concello. Dentro destas propostas atópase a confección dun Manual de procedemento e utilización da linguaxe non sexista en tódolos documentos oficiais do concello, para "promover o cambio progresivo da linguaxe discriminatoria e garantir o uso non sexista da mesma".

Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital