Emilio Pérez Touriño, secretario xeral do PSdeG-PSOE, e Francisco Rodríguez, candidato socialista á Alcaldía de Ourense, participaron esta mañá nun almorzo co tecido empresarial nun restaurante da cidade. "No ano 2006 dende a Xunta de Galicia se apoiaron máis de 730 iniciativas empresariais en Ourense cun orzamento de 17,7 millóns de euros", asegurou en Ourense este mércores o presidente do Executivo galego, Emilio Pérez Touriño.
Touriño, quen participou co candidato socialista a alcaldía de Ourense, Francisco Rodríguez, nun almorzo co tecido empresarial desta cidade, suliñou que para mover esas 730 iniciativas empresarias foi preciso unha inversión de 147 millóns de euros, coa que se crearon máis de 748 postos de emprego e se consolidaron outros 7.000 xa existentes. “Agora Ourense ten un goberno que aposta decididamente con probas e feitos, por dinamizar a economía o ámbito empresarial e a creación de emprego”, engadiu o presdiente da Xunta.
Pola súa banda, Francisco Rodríguez falou da necesidade de colaboración entre as institucións e o tecido empresarial de Ourense para solventar o problema de emprego que vive a cidade. “Os emprendedores son claves, xunto coas institucións, para modificar e correxir o desequilibrios históricos que durante os últimos anos fóronse agrandando”, explicou o candidato socialista á Alcaldía de Ourense.
En referencia a ó antes e ó depois da política da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño foi taxante: “a supresión da peaxe Dozón-Ourense significa levantar impedimentos, e un aforro importante para a sociedade, que superará os 600 millóns de euros”. A esta actuación súmanse otros proxectos como son a construcción da Autovía Lugo-Ourense, que se iniciará o vindeiro ano, así coma a conexión a través da ponte internacional de Verín coa fronteira portuguesa e a Autovía de Madrid.
“O goberno de Galicia ten o firme compromiso de crear as condicións de movilidade e accesibilidade do transporte para que Ourense poida cambiar a súa situación de desequilibrio”, engadiu o presidente da Xunta, quen lembrou a mala xestión do PP dende os gobernos central, autonómico e local, que obrigou a pagar unha peaxe a unha zona atrasada, ademais de ter que poñer o Goberno da Xunta 60 millóns de euros.
Obriga legal de vivenda protexida
O secretario xeral do PSdeG-PSOE suliñou a iniciativa legal da Xunta de Galicia para que os Concellos teñan a obriga e a posiblidade de adicar o 40% do solo urbanizable a vivenda protexida. Deste xeito, manifestou o seu compromiso de contruir 2.000 vivendas protexidas na cidade de Ourense, tal e como inclúe o PSdeG-PSOE en Ourense no seu futuro proxecto de goberno. Francisco Rodríguez lembrou que “en 12 anos o actual goberno non foi quen de construir unha soa vivenda protexida" e amosou “a nosa vontade expresa de facelo realidade o día seguinte das eleccións”.
O presidente da Xunta comprometeuse tamén a traballar mán con mán co futuro alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, na integración do AVE na trama urbana. Emilio Pérez Touriño adiantou que “o Ministerio de Fomento ten avanzado a proposta de estudio e a adxudicación” , e lembrou que a “construcción da Estación Central de Galicia a terá que liderala o próximo alcalde da cidade, e suporá un cambio radical en Ourense. En menos de 5 anos a cidade estará conectada a pouco máis de dous horas con Madrid”.
Made in Galicia
Durante este encontro tamén se falou da difícil situación pola que atravesa o sector textil en Galicia, que conta cunha importante presencia en Ourense. Neste eido, o presidente da Xunta comprometeuse persoalmente a traballar para atallar esta situación que tanto preocupa o sector textil ourensán.
Emilio Pérez Touriño, a través das consellerías de Economía e Industria, anunciou que axilizará a creación dunha marca: “made in Galicia, unha marca de calidade, que aposte pola diferenciación e o deseño do textil galego", dixo o titular do Executivo galego.
Tanto Emilio Pérez Touriño coma Francisco Rodríguez coincidiron na necesidade de colaboración co tecido industrial en Ourense. Neste ámbito falaron de "construir o escenario adecuado para a creación de solo industrial, de infraestructuras, así como o fomento do emprego".
Entre os participantes deste almorzo atopábanse Francisco Rodríguez, presidente de la Confederación de Empresarios de Ourense, CEO; Eligio Nieto, presidente de la Asociación de Empresarios de la Construcción de Ourense; Ana María Méndez, presidenta de la Asociación de Mujeres Empresarias de Ourense; Manuel de la Fuente , presidente de la Asociación de Empresarios del Polígono de San Cibrao das Viñas; Emilio González, presidente del Centro Comercial Aberto; José Luis Suárez, presidente de Copasa; Pablo Prada, presidente de Extraco; Martinez Rapela, presidente de Tuconsa; Pilar Rodríguez, presidenta de la Asociación de libreros; Argimiro Rodríguez, gerente de Argimiro (textil); Miriam Otero, gerente de Apetamcor; Vitaliano Falivena , presidente de la Asociación de Talleres Textiles;; Emilio Rial, gerente de Coren; Ricardo Capilla , gerente Parque Tecnológico, e Amadeo Rodríguez, subdirector de Caixanova, entre outros.
|