O BNG considera prioritario chegar a un pacto cos demais grupos en materia de infraestruturas ferroviarias para non converter o atraso do AVE nunha disputa electoralista.
Para Sánchez Vidal, "é unha mala noticia que o AVE vaia chegar con máis atraso do previsto".
 
 
O BNG propón excluir a chegada do AVE á Ourense do refrega electoralista  
24 de ABRIL de 2007: OURENSE DIXITAL

Para o candidato á alcaldía, Alexandre Sánchez Vidal, “é unha mala noticia que o AVE vaia chegar con máis atraso do previsto. Ourense non pode permitir que se adíe a chegada da alta velocidade. Cómpre que os tempos estean chegados e que haxa unha programación anual en materia de orzamentos”.

Sánchez Vidal lembrou que a noticia reforza a posición do BNG en torno ao AVE. O candidato do BNG ofreceulle aos outros candidatos un pacto para crear unha postura unánime neste tema e defendela con rigor e eficacia en Madrid.
“O pacto a pesar do ofrecementos non foi aceptado. Reiteramos que é imprescindíbel un impulso a esta infraestrutura dende a alcaldía”, explica Sánchez Vidal. Para o BNG o AVE ten que servir de motor da cidade, debe ser o motor do desenvolvemento e servir para reordenar territorialmente a nosa cidade.
O BNG propón a creación dun consorcio para xestionar a entrada desta infraestrutura básica. O consorcio estaría formado pola administración local, autónoma e estatal. O seu papel sería o de atraer investimentos externos, como aconteceu noutras cidades como en Logroño ou Córdoba.
Entre as propostas do BNG, figuran a entrada do AVE, por san Francisco e as Lagoas. A vía férrea deberá soterrarse na cidade, así como a Estación-Empalme. Dese xeito liberaríanse moitos metros cadrados de espazos públicos entre San Francisco e a estación, así como un grande espazo na Ponte adicado ao turismo, ocio e a promoción de vivenda pública.

Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital