"É unha candidatura feita para gobernar Ourense", sinalou o candidato á alcaldía polo Partido Galeguista, Antonio Troitiño López, no acto de presentación no Ateneo de Ourense este xoves da lista do Partido Galeguista ao completo. O candidato destacou da mesma a considerable paridade entre homes e mulleres, así como a alta implicación na lista do PG do movimento veciñal da cidade.
 
 

O movimento veciñal e os barrios priman na candidatura do Partido Galeguista que presentou Antonio Troitiño

19 de ABRIL de 2007: OURENSE DIXITAL

"O debate, o pluralismo e a tolerancia son pilares fundamentais deste Ateneo como o son desta candidatura", empezou sinalando Antonio Troitiño. Segundo o aspirante a alcaldía de Ourense polo Partido Galeguista, trátase dunha lista "comprometida con Ourense e cos que máis nos necesitan, unha candidatura para unha lexislatura centrada no aspecto social: os mayores, o emprego, a vivenda, os barrios,  os xóvenes, a cultura, o deporte".

De feito, Troitiño recalcou que todos estes sectores están "perfectamente representados" na candidatura do Partido Galeguista, aínda que, si acaso, merece mención especial o movimento veciñal e os barrios da cidade. Segundo Troitiño López, existe na candidatura galeguista "o compromiso de que as nosas visións e capacidades distintas, unidas no compromiso galeguista, nos convirtan nos artífices do gran cambio social que necesita o noso Concello". Segundo o líder do PG ourensán, a candidatura presentada este xoves é a de "un equipo para gobernar no que a presencia de mulleres e homes é equilibrada non por razón de legalidade senón de compromiso e participación".
Así mesmo, destacou Troitiño López que o PG non busca independentes "para dar lustre", e que os "merlos brancos
Troitiño López encabeza esta candidatura na que sigue un dos seus homes de confianza xa cando se producira a escisión do PSOE, Francisco, Fran, Cougil. No número tres de candidatura vai o coñecido activo do movimento veciñal de A Carballeira, Arturo Rodríguez. Como número catro da lista vai a primeira muller, Analén Catarina González, segundo Troitiño a que agora mesmo debe ser a candidata máis xoven de Ourense e aínda de todo o Estado, porque segundo Troitiño López ainda non acadou a maioría de edade.

Presentada el mismo jueves ante la Junta Electoral

A las siete de la tarde del jueves, horas después de que por la mañana fuera presentada púlicamente, el Partido Galeguista registró su candidatura ante la Junta Electoral de Zona de Ourense.
Según Francisco Cougil, número 2 de la candidatura de Antonio Troitiño y coordinador de la campaña del PG, "sin ningún problema, alteración sobre lo anuncia ni hecho que revista la mínima importancia, todo con normalidad".
De este modo, la del PG hace la tercera lista por Ourense (cuando menos de las que han trascendido), después de que el miércoles, 18, nada más abrirse el plazo para hacerlo lo hiciera el Partido Popular y, dos horas y media después, el PSOE.

Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital