Na Finca Fierro, lugar de antigos conflictos entre os alcaldes do PP de Ourense en Barbadás, lembraron os candidatos do BNG, Alexandre Sánchez Vidal e Xosé Manuel Fírvida apostaron por un programa conxunto de transporte público interurbán que conecte todos os municipios da comarca.
 
 
 
 
Os candidatos do BNG de Ourense e Barbadás apostan conxuntamente polo transporte público interurbán
14 de ABRIL de 2007: OURENSE DIXITAL

“Onde até agora existiu división, haberá colaboración”, esta foi a mensaxe principal que presentaron os candidatos do BNG de Ourense e Barbadás, que insistiron na necesidade de colaborar mutuamente para optimizar recursos e facer que o custe dos servizos para os cidadáns sexa menor. Nese sentido, Alexandre Sánchez Vidal destacou que unha das primeiras medidas que tomará cando sexa alcalde será a de elaborar un proxecto de transporte que conecte os municipios dos arredores da capital.
O novo modelo de transporte metropolitano unirá Ourense cos demais concellos limítrofes e estes entre si, mellorando a actual frecuencia, ampliando os percorridos e diminuíndo os tempos de transporte. Porase en marcha un billete combiando que permitirá aos cidadáns facer varios transbordos a prezos asequíbeis.

Alexandre Sánchez Vidal lembrou que o PP xa puido poñer en marcha en servizo de semellantes características no seu tempo, pero preferiron seguir con políticas localistas. Naquel momento una operación deste tipo teríalle custado a concellos coma o Pereiro ou Barbadás tan só 48.000 euros cada ano, pero preferiron optar por un modelo localista que lle custa a cada municipio máis de 120.000 euros cada ano en subvencións a empresas que dan un servizo precario e con escasas conexións.

Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital