Sánchez Vidal: "para que A Ponte poida decidir compre a criación dun distrito municipal"  
20 de MARZO de 2007: OURENSE DIXITAL

O candidato á alcaldía do BNG, Alexandre Sánchez Vidal, expresoulle aos militantes e simpatizantes do BNG a necesidade de que A Ponte “poida decidir e progresar” . O manifestou o candidato nun acto que tivo neste barrio ourensán este martes, no que Sánchez Vidal volveu a tantear a necesidade de crear un distrito municipal.

Segundo o candidato nacionalista, “para que A Ponte poida decidir compre a criación dun distrito municipal” . Algo que, segundo o nacionalista, “comporta a ubicación de oficinas municipais no bairro e o compromiso de que unha parte dos orzamentos municipais se xestione desde aí directamente”.

Falou tamén Sánchez Vidal do proxecto de integración do AVE que defende o BNG. “Unha estación intermodal soterrada cun tratado urbano tamén soterrado que resolva a ordenación territorial da zona e libere espazos para o uso público”, sinalou Sánchez Vidal. O xeito de acada-lo é “a criación dun consorcio, ao xeito de Logroño, onde Ourense aporte capital en concepto de plusvalías urbanísticas e a administración central trate con xustiza e igualdade a Ourense” .
Tamén espuxo o compromiso co emprego. Hai que liberar a zona da ribeira onde está ubicado o matadoiro e “proxectarmos e executar un balneairo (desde a Empresa Municial de Augas) de capital privado que xere 200 postos de traballo directos” .
Ao mesmo tempo espuxo o compromiso xa en marcha do BNG coa Ponte. En mateira de dotacións públicas. Así xa desde a Xunta se está a investir en programas de reabilitación de espazos urbanos nas vivendas da Praza 200, Covadonga, Parque da Rúa San Rosendo, etc.

Ademáis, recalcou Sánchez Vidal que está aprobada a construcción de 50 novas vivendas de promoción pública. Vaise iniciar un centro de día e residencial en Santa Cruz de Arrabaldo. En materia deportiva estase a realizar en Oira un novo campo de futbol sete, novo graderío, mamparas, billeteiras e ascensor.
Máis “é preciso un novo governo municipal que colabore coa Xunta no desenvolvemento e progreso na Ponte” , rematou o candidato do BNG..

Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital