A hora de presentar o programa do BNG para a mocidade, chegou Xosé Manuel Beiras para reforzar o acto de Alexandre Sánchez Vidal.
O exlíder do BNG ten tirón entre a mocidade e, sobor de todo, entre o estudantado, feito que se notou no Campus de Ourense e que agradeceu o acto dos de Sánchez Vidal.
 
 
 
Beiras botalle unha man a Sanchez Vidal no Campus para presentar o programa do BNG para a mocidade  
23 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL

Alexandre Sánchez Vidal sinalou que había que inverter esta situación, na que a xeración mellor preparada da historia non atopaba emprego nin oportunidades na súa propia cidade. “Non é normal que cunha taxa de universitarios dez puntos por baixo da media española non teñamos capacidade produtiva para darlle emprego á nosa xente nova”, dixo o candidato.
Sánchez Vidal fixo alusión tamén aos problemas de acceso a unha vivenda que ten este sector e as dificultades para emanciparse da casa dos seus pais. “O PP non fixo nin unha soa vivenda de promoción pública nos últimos doce anos, cando temos un prezo de solo por metro cadrado que aumenta a un ritmo do 17% por trimestre e que xa se sitúa nos 1.650 euros, cando en Lugo, cidade de semellantes características non chega aos 1.100 euros”, explicou Sánchez Vidal.

Para o candidato do BNG, “é unha falta de respecto aos cidadáns que o PP veña a prometer agora o 50% de vivenda pública de todo os que se constrúa, cando se negaron a votar en Santiago a favor dunha lei do Parlamento para que nos concellos se reserve cando menos o 40% e cando elaboraron un Plano Xeral especulativo e sen ter en conta a promoción pública e a autoconstrución no perímetro rural”.
Sánchez Vidal reiterou o seu compromiso de construír 2.000 vivendas de promoción pública nos vindeiros catro anos, reformar 40 vivendas no centro para alugarllas a xente nova e incrementar até os 600 pisos, a bolsa de alugueiro para que os mozos poidan atopar piso pagando entre 150 e os 200 euros cada mes.
En canto ao emprego, Sánchez Vidal reiterou o seu compromiso de xerar 500 postos de traballo no sector termal e outros 300 no do benestar social (coidado de maiores, escolas infantís, residencias, centros de día, etc). Uns empregos moi vencellados ás titulacións que se imparten no campus.

O candidato Alexandre Sánchez Vidal compareceu ademais en rolda de prensa co vicerreitor da Universidade para anunciar a construción dunhas pistas de atletismo no campus por parte da Dirección Xeral de Deportes, nuns terreos que cederá o concello e que completan o equipamento deportivo no campus.

Imprimir Página
 
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital