Un centro cívico e de animación. Esa é a utilidade que contempla nos seus proxectos o candidato do Partido Galeguista para o Edificio da Molinera, hoxe abandoado. Así o manifestou Troitiño López nas súas visitas os barrios de As Camelias e ao Xardín do Posío.
Asemade, Trotiño López falou de "a grande infraestructura pendente", o espacio deportivo de Os Ponxos.

 
 

Troitiño López defende a utilidade de A Molinera como centro cívico e de animación

 
22 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL

O saneamento do Rio Barbaña no no seu tramo superior, rematar a canalización dos vertidos da zona paralela ó Barbaña, dotar ó barrio de zonas deportivas e de ocio, e un espacio deportivo con piscina na zona de Os Ponxos (o que calificou Troitiño de "a grande infraestructura pendente"), foron catro das prioridades do barrio de As Camelias desta cidade segundo o candidato do Partido Galeguista a alcaldía de Ourense.
Asemade, destacou Troitiño a necesidade de que As Camelias conte con un gran centro cívico e de animación cultural da barriada, o que se emplazaría no Edificio da Molinera, dixo o candidato do PG, quen volveu sobre o Parque dos Ponxos para afirmar que este espazo recollería as necesidades en materia deportiva, cultural e recreativa, lúdica e de esparcemento dos veciños tanto das Camelias como do Polvorín e da Carballeira.

A utilidade mencionada para o Edificio da Molinera, na actualidad completamente abandoado, foi destacada de seguido polo líder do Partido Galeguista na súa seguinte visita, ao Xardín do Posío. Alí Antonio Troitiño volveu a recalcar a utilidade de animación cultural de barrio para o dito inmoble.
Tamén nesta zona considera preciso Troitiño López xerar aparcamentos para residentes, así coma un gran centro cívico para o barrio de O Xardín do Posío.

Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital