O candidato socialista a alcaldía de Ourense, Francisco Rodríguez, comprometeuse a sinatura dun convenio coa consellería de Educación para dotar os centros de ensino de cuidadores e monitores de actividades extraescolares fora do horario lectivo, aportando tamén o persoal que sexa preciso para o servizo de comedor escolar.

 
 
Novena medida estrela do PSOE:
Dotar ós centros de ensino de cuidadores e monitores de actividades extraescolares
 
22 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL

Francisco Rodríguez acadou este compromiso en recentes conversas coa consellería de Educación, que comprometeuse a asinar un convenio de colaboración co concello de Ourense de apoio ó desenvolvemento dun programa de actividades extracurriculares nos centros docentes.
Deste xeito, o candidato socialista a alcaldía de Ourense garantirá a disposición de coidadores e monitores de tempo libre nos centros escolares, o que facilitará que os nenos e nenas poidan ser atendidos nos colexios dende as 7,30 horas da mañá, ademáis de reforzar con persoal de apoio o servizo de comedor escolar e ofertar actividades extraescolares, unha vez rematado o horario lectivo, de luns a venres.

No caso dos fines de semana, o compromiso é de garantir a apertura dos patios e instalacións deportivas dos centros os sábados en horario de mañá e tarde e os domingos pola mañá, para o desenvolvemento de actividades lúdicas e de competicións deportivas específicas, dando prioridade ó programa de Deporte en Idade Escolar. Unha experiencia piloto que xa se está a aplicar no caso da cidade de Lugo.

Pola súa banda, e en virtude deste convenio, os centros educativos participantes permitirán ó concello o uso das súas instalacións deportivas que non estean sendo utilizadas, dende as 18:00 horas ata as 23:00 horas, de luns a venres, e será o concello o que se responsabilice da organización e control destas instalacións.

Asemade, o concello garantirá o bo uso e conservación das instalacións educativas, contará cun coordinador xeral do programa para o conxunto dos centros participantes e porá a disposición da comunidade educativa os medios precisos para o desenvolvemento das actividades.

Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital