A conselleira de Política Territorial, María José Caride, reuniuse este luns co candidato socialista á alcaldía de Ourense, Francisco Rodríguez, cos candidatos dos municipios colindantes con Ourense (Barbadás, Toén, Amoeiro, San Cibrao, Coles e Pereiro de Aguiar), e co delegado provincial de Política Territorial en Ourense, Raúl Fernández, para buscar unha solución ó transporte metropolitano, que o goberno popular de Ourense ten bloqueado dende o 2003. “Temos que primar os intereses dos usuarios, facilitarlle o acceso a un transporte metropolitano máis atractivo e competitivo”, afirmou María José Caride.
 
 
O PSOE comprométese a por en marcha o transporte metropolitano en Ourense antes de rematar o ano  
21 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL

Francisco Rodríguez comprometeuse coa conselleira de Política Territorial a que a partir do 27 de maio traballará dende o concello de Ourense para que o transporte metropolitano sexa unha realidade antes de finais do 2007, e que poida beneficiar a movilidade de todos aqueles veciños e veciñas que manteñen casas abertas en concellos colindantes con Ourense.
María José Caride resaltou o precio único do billete para o transporte metropolitano e que, ademais, tamén será extensible ó transporte urbano. “Supón unha rebaixa de 0,38 € no precio de cada billete do transporte metropolitano e tamén inclúe o urbán, o precio pasará de 1.05 € a 0,67 €. Este modelo funciona en Ferrol, A Coruña e Santiago, onde observamos que incrementouse o número de usuarios de transporte público” , explicou María José Caride.

A conselleira de Política Territorial incidiu en que calquera sociedade moderna ten que ofertar alternativas de movilidade sostible e de calidade para que o cidadán poida optar ó transporte público, sobre todo pensando naqueles cidadáns que teñen menos posibilidade de moverse ou de chegar a Ourense. Esta iniciativa mellorará a frecuencia do servicio, das infraestructuras e de información.
Con este modelo, a consellería de Política Territorial quere mellorar a movilidade dos cidadáns, desconxestionar de tráfico a cidade, así como de contaminación medioambiental e acústica, “así poderemos humanizar o centro da cidade e conseguir que o tráfico rodado disminuia” , engadiu a conselleira de Política Territorial. A oferta de transporte metropolitano incluirá ás areas industriais e educativas, entre outras.

O goberno socialista de Ourense apostará por unha cidade moderna, humanizada, onde pasear sen ruido a través dun servicio de transporte metropolitano e urbano de calidade para tódolos cidadáns e, sobre todo para ós veciños da periferia.

Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital