O candidato socialista á Alcaldía de Ourense, Francisco Rodríguez, xunto coa directora do Instituto da Muller, Rosa María Peris, visitaron hoxe a empresa Centro de Atención de Chamadas S.A. , situada no Parque Tecnolóxico de Galicia, que conta con máis de 100 empregados, na súa maioría mulleres.

 
 
O candidato do PSOE dí que quere correxir o feito de que o 65% dos desempregados de Ourense sexan mulleres
21 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL
   

Francisco Rodríguez lembrou que o 65% de desempregados en Ourense son mulleres, e que o futuro goberno socialista, coas súas propostas de fomento do emprego pretende correxir esta situación que tanto preocupa a cidadanía. “Temos que poñer en valor os nosos recursos como é o termalismo ou a lei de dependencia”, explicou o candidato socialista á alcaldía de Ourense, quen incidiu en que a paridade chegará a Ourense de mán dun goberno socialista. As mulleres non só estarán nas concellerías, senón nas xuntas de área e de goberno, así como en órganos de representación do concello e noutras institucións dependentes.

O líder socialista tamén falou de que o futuro goberno progresista de Ourense traballará para facilitarlles ás mulleres a conciliación da vida familiar e laboral. “Crearemos unha rede de municipal de escolas infantís, tamén abriremos as escolas antes para que os pais poidan deixar ós fillos nos colexios antes de entrar a traballar, e apostaremos polos comedores nos centros educativos”, engadiu Francisco Rodríguez.
 
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital