A paridade protagonizará o futuro proxecto de goberno socialista, segundo explicou Francisco Rodríguez: “Impulsaremos a paridade ó máximo no Concello de Ourense e seremos un exemplo a seguir en Galicia”.
Francisco Rodríguez anunciou este domingo que apostará por unha concellería da Muller centrada nas necesidades reais do sexo femenino desta cidade, cuns orzamentos e estructura acordes coa función que desenvolverá.

 
 
Oitava medida estrela do PSOE:
A paridade entre homes e mulleres será unha realidade no Concello de Ourense, segundo Rodríguez
 
20 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL

A paridade protagonizará o futuro proxecto de goberno socialista, segundo explicou Francisco Rodríguez: “Impulsaremos a paridade ó máximo no Concello de Ourense e seremos un exemplo a seguir en Galicia”. As políticas de igualdade na Cidade das Burgas centrarase na creación dunha Auditoría de Xénero, Estadísticas Locais, e un Observatorio Municipal contra a violencia de xénero, entre outras medidas. Para poder desenvolver este ambicioso programa crearase unha concellería da Muller profesional cun importante orzamento.

Francisco Rodríguez, candidato socialista á alcaldía de Ourense, apostará por unha concellería da Muller centrada nas necesidades reais do sexo femenino desta cidade, cuns orzamentos e estructura acordes coa función que desenvolverá. “ Crearemos unha comisión interdepartamentel da igualdade na que pariciparán tódalas Concellerías. O seu obxectivo será incorporar o principio de igualdade nas políticas desenvolvidas dende todálas concellerías da institución municipal ou, o que é o mesmo, aplicar políticas transversais”, explica Francisco Rodríguez quen a través das políticas transversais imprimirá unha perspectiva non de xénero o seu futuro goberno.

Nos primeiros cen días do goberno socialista crearase unha Auditoría de Xénero para coñecela realidade actual de Ourense, que axudará a detectar as situacións de desigualdade entre homes e mulleres. Outra das apostas do futuro goberno socialista é o Observatorio Municipal contra a violencia de xénero que incluirá a profesionalización da Casa de Acollida Municipal.
As mulleres representan ó 51 % da sociedade e teñen unha perspectiva diferente das necesidades e os problemas da sociedade. “Temos que desenvolver a perspectiva femenina nos órganos de poder para facilitar a vida dos cidadáns” explica o líder socialista. A paridade chegará ás concellerías, ás xuntas de área e de goberno, así como á representación do concello noutras institucións.

Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital