Coma " un instrumento de xestión urbanística municipal similar ó de douscentos municipios de España e as principais cidades de Galicia”, concibe o candidatao socialista ó Concello de Ourense unha empresa municipal que se encargará de facer transparente a xestión urbanística desta cidade.
"A través do control exhaustivo do urbanismo o Concello de Ourense poderá dispoñer de solo nos diferentes barrios para contruir escolas infantís, parques, centros de saúde, colexios segundo as necesidades dos veciños e veciñas", asegura Francisco Rodríguez.

 
 
Sétima medida estrela do PSOE:
Xestión urbanística transparente a través dunha empresa municipal
 
19 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL

O futuro goberno socialista de Ourense apostará por un urbanismo trasparente e ordeado a través da creación dunha Empresa Municipal de Urbanismo Vivenda e Solo, que xestionará solo, e impulsará vivenda pública. Con esta iniciativa fomentarase a xestión profesional e transparente do urbanismo na cidade, a fin de superar os doce anos de especulación urbanística do goberno popular. “Un goberno que non foi quen de crear unha sola vivenda pública, nin un só metro cadrado de solo industrial e que agora atrévese a prometer o que non fixo en tres mandatos. Eso non o cre ninguén” afirma o líder socialista.

Esta empresa municipal terá coma obxectivo a execución das actuacións urbanísticas e de construcción necesarias para o interese público de Ourense e dos seus cidadáns. “Trátase de xestionar con maior eficacia o solo desta cidade, así como de axilizar os proxectos de tramitación, traballando man con man coas empresas de construcción, coas promotoras, cos profesionais e, sobre todo, cos veciños”, explica o candidato socialista á alcaldía de Ourense.
Este proxecto, xa figuraba no programa electoral socialista do 2003, e agora o inclúen tódolos partidos: “ A Empresa Municipal de Urbanismo Vivenda e Solo será un instrumento de xestión urbanística municipal similar ó que teñen preto de douscentos municipios de toda España, e as principais cidades de Galicia, a excepción de Vigo, Ourense e Pontevedra” engade Francisco Rodríguez.
Esta iniciativa permitirá abordar a rehabilitación, remodelación, a dotación de servicios, instalacións e equipamentos públicos ós barrios, tamén actuacións urbanísticas e de construcción, redacción de plans parciais, actuacións de planeamento, así como crear solo urbano para uso residencial, terciario e industrial, impulsar vivenda pública e xestionar o aproveitamento urbanístico e o patrimonio municipal do solo. O líder socialista da cidade afirma que a través “dun control exhaustivo do urbanismo o Concello de Ourense poderá dispoñer de solo nos diferentes barrios para contruir escolas infantís, parques, centros de saúde, colexios segundo as necesidades dos veciños e veciñas”.
Para poder desenvolver este proxecto contarase cun nutrido grupo de profesionais de prestixio do sector, entre os que se atoparán arquitectos, enxeñeiros, aparelladores, entre outros.

Vivenda autonómica e solo industrial

Francisco Rodríguez promoverá a constitución desta empresa, de capital público na sua totalidade, nos primeiros meses do seu mandato. O primeiro obxectivo é a creación das 2.000 vivendas de protección autonómica, tanto de venda como de aluguer, repartidas en cada un dos tres distritos: Norte, Este e Oeste, nas zonas da Universidade, da Universidade Laboral, no Casco Vello, A Ponte-Vinteún, O Couto-Carballeira, San Francisco- Barrocás, e Mariñamansa.
Respecto ó solo industrial, o proxecto de goberno socialista traballará no desenvolvemento inmediato, mediante xestión municipal, do polígono de Santa Mariña, onde o PXOM prevé a creación de 900 mil m 2 de solo industrial.

Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital