O igual que manifestara o día antes na súa visita a o barrio de O Pino, o candidato do Partido Galeguista tamén considera "prioritario e urxente" para os veciños de Santa Cruz remodelar o Plan Xeral de Ordeación Urbana. Así o manifestou Antonio Troitiño este sábado na sua visita a este barrio.
Xunto a esto, Troitiño López considera preciso "que todos e cada un dos solares e fincas desta zona dispoñan dos servicios mínimos e decir, accesos, saneamento, luz e auga".
Outra gran mellora para Santa Cruz considera o candidato do Partido Galeguista que ha de ser a creación de un transporte público, así como contar con unha gardería para os nenos de Santa Cruz, "xa que hai gran número de poboación traballadora, sobor de todo a xente que traballa en COREN e precisa onde poder deixar os seus cativos".
Así mesmo, o candiato do Partido Galeguista dixo querer recoller as necesidades concretas e específicas de os pobos de Calvelo, Albaredo, Agrela, e Fechos, en canto as necesidades que presentan estes pobos en relación a auga e alcantarillado.
Xa na zona do Parque Barbaña, a onde acudiu de seguido Antonio Troitiño, o candidato do Partido Galeguista plantexoulle aos veciños a necesidade de afondar nas dotacións de limpeza para a zona, seguridade cidadán así como crear no lugar aparcamentos para residentes. Troitiño López fixo fincapé en materia de limpeza, no feito de que no barrio, a só metros do centro da cidade, non se atopen os contenedores do lixo soterrados.
Troitiño López plantexoulle aos veciños o tema do Intercambiador de Tras Alameda, onde "é preciso atopar unha solución que mellore este servicio".
En canto o lugar que ocupan os feirantes nas ribeiras do Barbaña tres días o mes, Troitiño López falou de mellorar o servicio de limpeza específico para este casos, así como facer cumplir exhaustivamente aquí a ordenanza municipal nesta materia, "cousa que hasta o de agora o Concello non fai". Según o candidato do Partido Galeguista, "a estes efectos a zona deixa moito que desexar".
Capítulo aparte mereceron o Río Barbaña, o tema das festas e o asunto do botellón.
No primeiro dos asuntos, o candidato do Partido Galeguista mostrou a sua especial sensibilidade e preocupación en todo o que ten que ver co río, o que, dixo, terá que facer que dende o Concello se lle preste especial atención a este aspecto.
O mesmo, dixo, ha de ocurrir co descanso dos veciños do Parque Barbaña, que non pode verse alterado, suliñou Troitiño, por as festas da cidade. Neste senso, o candidato do Partido Galeguista dixo que "é preciso trasladar as festas a outro sitio que no que causen os trastornos mínimos".
O que fixo extensivo o problema que platexa o botellón dos mozos. Segundo Troitiño, "ainda que é difícil é necesario compatiblizar a diversión dos mozos co descanso dos veciños, para o que é necesario buscar sitios nos que a mocidade poida troulear sin que esto perturbe o descanso do resto das persoas". |