Fai a número seis das chamadas medidas estrela do PSdeG-PSOE de Ourense e do seu candidato a alcaldía, Francisco Rodríguez.
Sobre o polémico asunto do acceso a postos de traballo no Concello, o candidato socialista garante que en adiante se fará en condicións da transparencia e a igualdade que a Lei dispón.
 
 
Sexta medida estrela do PSOE:
Acceso dos cidadáns ao Concello en condicións de transparencia e igualdade
18 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL
   

O candidato socialista á alcaldía de Ourense, Francisco Rodríguez, garantiu este venres que asegurará o acceso de tódolos cidadáns en condicións de transparencia e igualdade a un posto de traballo nas administracións e organismos públicos dependentes do Concello.

Francisco Rodríguez comprométese a garantir o cumprimento estricto da lei e dos principios que afectan o réximen de selección de persoal, contemplados tanto na Constitución española, nos seus artigos 14 e 23.2 que recollen os principios de igualdade no acceso a función pública, e no artigo 103.3, que no seu capítulo sobre “Gobierno y Administración”, alude a necesidade de garantir un servizo público profesionalizado e competente.

Con tal fin, o candidato socialista á alcaldía de Ourense modificará a Relación de Postos de Traballo (RTP), acabando coa temporalidade garantindo “unha Administración seria, profesional e sin ataduras nin servilismos”.

 
 
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital