Autónomos e cidadáns reuníronse en Ourense este martes co ministro de Traballo e Asuntos Sociais, Jesús Caldera.
Xunto con candidado do PSdeG-PSOE, Caldera anunciou en Ourense un pacto local que permita a promoción de políticas activas, e axudas aos cuidadores de persoas que o precisen de uns 500 € e alta na seguridade social.
Segundo as contas que manexa o ministro, en Ourense hai 84.000 xubilados, dos cales 56.000 reciben a pensión mínima. O goberno do Estado comprometeuse a continuar o aumento das pensión mínima, e tamén das de viuvedade para que superen os 600 €.
 
 
Ourense, porta de entrada da lei da dependencia, segundo o ministro Caldera e Francisco Rodríguez  
15 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL

O candidato do PSdeG-PSOE de Ourense, Francisco Rodríguez, xunto co Ministro de T raballo e Asuntos Sociais, Jesús Caldera, participaron hoxe nun xantar con máis de 150 autónomos da cidade, e pola tarde, merendaron con máis de 300 persoas xubiladas. Para Francisco Rodríguez a lei dos autónomos corrixe “a inxusta situación dos autónomos”, sobre todo en Ourense que conta con 24.235 autónomos, onde un de cada catro afiliados á seguridade social traballa por conta allea.
O emprego aparece como unha das prioridades do goberno socialista e como maior preocupación dos ourensans, que contan con máis de 7.000 parados, dos cales 5.000 son mulleres.
Nesta liña de traballo, Francisco Rodríguez apostou claramente polo emprego seguro, productivo, e pola creación dun pacto local que permita a promoción de políticas activas. “Queremos equiparar os dereirtos dos autónomos cos do resto de traballadores. Lograr consolidar o emprego e que os autónomos sexan os pioneiros de novas actividades”, explicou o candidato socialista á alcaldía de Ourense, quen traballará en prol da cultura emprendedora. Franscisco Rodríguez anunciou a creación dun Centro de Emprendedores de Innovación e Promoción, e manifestou o “meu compromiso político é polo emprego e polos emprendedores”.

O Ministro de Traballo e Asuntos Sociais durante o xantar con máis de 150 autónomos presentou o Estatuto dos Autónomos, que segundo anunciou entrará en vigor a partir do 30 de xuño e que dará a mesma protección e cobertura a estos traballadores. Jesús Caldera expresou a súa admiración por este colectivo “cada vez máis numeroso, e que arrisca o seu patrimonio para desenvolver unha actividade que xenera emprego en España”.
Os autónomos de Ourense recibiron información de primeira mán en referencia a súa protección social, que incluirá ás baixas por enfermedade, por accidente laboral; que mellorará á súa pensión e contará cunha xubilación anticipada dentro daqueles traballos de risco. En referencia o patrimonio privado do autónomo, o estatuto limita a posilbilidade de embargo.

Por sectores referiruse especialmente ó colectivo agrario, que no 2008 se incorporá o réxime dos autónomos e verá así incrementada a súa pensión. Ademais, aqueles autónomos dependentes da súa actividade nun 75% dun cliente contarán cun nivel de protección. “Esta lei permitiralles ter dereito a vacacións, a unha indemnización por despido, así como a protección polo cese de actividade similar á dun desmpregado”, afirmou Jesús Caldera.

En referencia ás cifras de emprego, Jesús Caldera anunciou que Ourense é a cidade española onde máis descendeu o paro, xunto con Salamanca, un 50 % nos últimos tres anos. Segundo tódolos rexistros o emprego incrementouse en Galicia. “Se mantemos o emprego á tendencia no prazo de 1 ou 2 anos contaremos co pleno emprego, tamén en Galicia” , matizou o ministro.

Axudas para coidadores de persoas dependentes

Máis de 300 cidadáns reuníronse co Ministro de Traballo, Jesús Caldera, e co candidato socialista á Alcaldía de Ourense, Francisco Rodríguez, para informarse da Lei da Dependencia. O líder socialista da cidade falou da importancia desta lei para Ourense, pola súa poboación maios, “mellorará significativamente a vida dos cidadáns, sobre todo para os que teñen menos recursos, porque verán incrementados os seus ingresos ”, explicou Francisco Rodríguez.
A Lei da Dependencia incrementará o emprego especializado na cidade. “Aliviará a situación dramática das persoas maiores e dos discapacitados, que teñen dereito a un futuro digno. O futuro goberno socialista de Ourense convertirá o concello na porta de entrada da lei da dependencia”, manifestou Rodríguez quen comprometeuse “a partir do 27 de maio a defender ás necesidades de quenes nos necesitan, porque só así merece a pena estar en política”.

Jesús Caldera definiuse como “un ministro das persoas”. Defendeu unha administración dirixidas ós necesitados. En referencia ás pensións, en España hai 8 millóns de xubilados, con máis de tres millons que perciben á pensión mínima, que ascendeu unha media do 20% e, nun 25 %, no caso de xubilados cunha persoa maior de 65 anos ó cargo. En Ourense hai 84.000 xubilados, dos cales 56.000 reciben a pensión mínima. O goberno do Estado comprometeuse a continuar o aumento das pensión mínima, e tamén das de viuvedade para que superen os 600 €.

A Lei da Dependencia creada por un goberno socialista, e aprobada por un amplio consenso, precisa dun importante orzamento para o seu desenvolvemento, e da colaboración entre as diferentes institucións. Jesús Caldera anunciou que este ano darase cobertura ós casos máis graves a partir de xullo, e que cada ano iranse incorporando paulatinamente maís casos. A meade da aportación, dunha das leis máis avanzadas de Europa, partirá do Estado, e a outra da Comunidade Autónoma. “Esta lei suporá un novo dereito social para a cidadanía”, segundo o Ministro de Traballo.
A lei barralla axudas ó familiar coidador de preto de 500 € e alta na Seguridade Social; no caso de grandes dependentes o coste ascenderá a 1.000 €, que aportarán en partes iguais o goberno do Estado e da Autonomía.
En Ourense espérase un fomento do emprego de 3.000 postos de traballo.

Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital