En Rairo, a onde acudiu este sábado acompañado do secretario xeral do Partido Galeguista, Antonio Troitiño fíxose eco das queixas dos veciños e acusou ao Concello de Ourense de "facer a vista gorda" ao respecto dos asentamentos ilegais que existen aquí.
O candidato do Partido Galeguista dixo que apoiará no Concello os plantexamentos dos veciños de Rairo.
 
 
 

Troitiño dí en Rairo que o Concello "fai a vista gorda" cos asentamentos ilegais neste barrio

12 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL

"Defendemos as reclamacións dos veciños en contra dos asentamentos ilegais espallados pola zona", manifestou este sábado en Rairo o candidado do Partido Galeguista a alcaldía de Ourense, Antonio Troitiño. Troitiño, que estivo este sábado acompañado do vicesecretario xeral do Partido Galeguista, Manuel Suárez, acusou ao Concello de Ourense de facer "a vista gorda" ao respecto destes asentamentos, dos que os veciños de Rairo se teñen queixado reiteradamente. Neste senso, Troitiño destacou que son "asentamentos nos que o concello fai a vista gorda, mentres que un veciño para conseguir legalmente unha licenza, ten que cumprir rigurosamente todas as condicións urbanísticas".

"Apoiaremos as reinvindicacións dos veciños en contra dos trazados viarios que afectan a esta zona", engadiu o candidato do Partido Galeguista ao referirse aos problemas que suporán e supoñen xa as infraestructuras para o AVE e a Circunvalación da cidade para este barrio ourensán, "que destrozarán a Rairo e dividiranno en dous", sinalou Troitiño López.
O compromiso de creación dunha zona verde e deportiva, o asfaltado de camiños e mellora do alumeado público e mellora da limpeza viaria, foron os compromisos adquiridos, ademáis dos de carácter xeral que figuran no programa dos galeguistas.

Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital